-
O prezo por 10 días oscila entre 355 e 470 euros por persoa segundo a categoría do establecemento
-
As persoas interesadas contactarán directamente cun dos doce balnearios que participan na promoción
Ata o 28 deste mes de novembro as persoas pensionistas de Galicia ou residentes na nosa comunidade poderán gozar do programa Outono Termal, posto en marcha pola Xunta e a Asociación de Balnearios de Galicia.
O programa oferta un total de 709 prazas nunha ducia de balnearios galegos, onde os beneficiados poderán gozar de estadías de 10 días e 9 noites para facer tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica.
Os prezos varían en función da categoría do establecemento e oscilan entre os os 355 euros por persoa para estadías en hoteis de 1 estrela e os 470 euros por persoa no caso de que o hotel sexa de 3 estrelas. No caso de que teña 2 estrelas, o custe é de 440 euros por persoa. As reservas realízanse contactando directamente co balneario elixido.
Os doce balnearios que participan no programa son os seguintes: Balneario de Carballo (981 703 354) e Balneario de Compostela (981 559 000), na provincia da Coruña; Balneario de Lugo (982 221 228) e Iberik Augas Santas (982 292 800), en Lugo; Balneario de Arnoia (988 492 400), Balneario de Laias (988 280 409) e Gran Balneario de Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo, 988 270 926), en Ourense; e Balneario de Acuña (986 540 010), Balneario de Dávila (986 540 012), Balneario Caldelas de Tui (986 629 005), Balneario de Mondariz (986 656 156) e Termas de Cuntis (986 532 525), en Pontevedra.