20211104 Cartel curso autodefensaA Secretaría Xeral pola Igualdade da Xunta de Galicia organiza na Baña un curso de auto defensa para mulleres ante situacións violentas, que se impartirá os días 23 e 25 de novembro. Esta actividade está enmarcada na programación municipal do mes pola igualdade.

Especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado impartirán este curso, que se celebrará na planta baixa das Escolas Vellas en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 h. Ademais, haberá monitorado para os nenos e nenas das participantes, que poderán quedar na Biblioteca.

As mulleres interesadas en participar na actividade poden inscribirse chamando ao 981 88 65 01 ou ben dirixíndose ós departamentos de Cultura ou Deportes do Concello da Baña.