• Está dirixido a crianzas escolarizadas de entre 3 e 13 anos //

  • Desenvolverase no local social de San Vicenzo entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro de 8.30 a 14.30 horas /7

  • O prezo para menores empadroados é de 25 euros para o primeiro fillo, 20 para o segundo e 15 para o terceiro e seguintes //

O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para o campamento de Nadal, iniciativa que ten como obxecto favorecer a conciliación familiar durante as vacacións escolares e que oferta actividades de carácter lúdico, educativo e social para menores escolarizados de entre 3 e 13 anos. O campamento conta con vinte prazas, desenvolverase no local social de San Vicenzo e prestará servizo polas mañás (de 8.30 a 14.30 horas) os días laborais que van do 23 de decembro ao 5 de xaneiro

As familias teñen de prazo ata o 16 de decembro para facer as solicitudes. Poderán presentar o formulario debidamente cuberto e asinado tanto na páxina web da Baña como no Rexistro do Concello, acompañado da seguinte documentación: fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria do menor e fotocopia do DNI da persoa titular da conta. Unha vez publicada a listaxe de crianzas admitidas, a admisión completarase co pagamento das taxas entre o 20 e o 23 de decembro na conta ES26 0238 8191 8806 6000 1061.

Os prezos, fixados atendendo á ordenanza fiscal do ano 2012, son de 25 euros para a/ primeira/o filla/o, 20 para a/o segunda/o e 15 para a/o terceira/o e seguintes no caso de estar empadroados no Concello da Baña. Os menores doutros municipios pagarán o dobre.

As bases da convocatoria e o formulario de solicitude están dispoñibles nos arquivos adxuntos. 

Attachments:
Download this file (Bases Brincanadal.pdf)Bases Brincanadal.pdf[ ]175 kB
Download this file (INS_BRINCANADAL_merged.pdf)Inscricións Brincanadal[ ]169 kB