• A deputada de Servizos Sociais, Mar García, informou no acto que a subvención provincial financia o coste íntegro do vehículo

  • O representante do concesionario de Talleres Baleato en Santa Comba entregoulle as chaves á concelleira Mónica González

 

20250717 Banhal Deputacion entrega coche SAF 3

 

A concelleira de Acción social, cultural e servizos a cidadanía da Baña, Mónica González, recolleu as chaves dun novo vehículo para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que o Concello mercou grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

A Baña adquiriu este vehículo cunha achega da Deputación a través do programa de subvencións a concellos para a adquisición de vehículos para desprazamentos do persoal do SAF, que financiou o coste íntegro do novo Dacia Sandero. 

O Concello comprou o coche na sede de Santa Comba de Talleres Baleato. O representante do concesionario, Daniel Rodríguez, foi quen lle entregou as chaves a Mónica González. Trátase dun Dacia Sandero híbrido con etiqueta eco, con motor que funciona a gas  (GLP) e a gasolina, o que permitirá tamén aforrar en combustible.

A deputada provincial de Servizos Sociais, Mar García, desprazouse ata A Baña para asistir á entrega do vehículo, sinalando que a subvención permitiulle ao Concello da Baña financiar o importe íntegro do coche. No acto tamén estiveron presentes o alcalde, José Antonio Pereira; o concelleiro de Obras,  Jesús Pena, e a traballadora social, Laura Senra.

A Baña atende nestes intres a un cento de persoas no Servizo de Axuda no Fogar, que o concello presta cun sistema mixto. Unha parte da atención á veciñanza faina persoal da empresa Atendo e outra parte é realizada por persoal municipal.

20250717 Banhal Deputacion entrega coche SAF 5