• O servizo vai destinado ao alumnado do CPI San Vicente de 3 a 16 anos

  • Funcionará de luns a venres desde as 7.30 horas ata o inicio das clases

20250820 Cartel ABanha madruga web

 

28 de agosto

Faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas no programa A Baña Madruga 25-26.

O prazo de inscricións do servizo permanecerá aberto durante todo o curso escolar por non superar o límite de persoas inscritas, pero é necesario presentar a inscrición con 3 días de antelación ao uso do servizo.

A resolución da alcadía coa listaxe de admisións pode consultarse en arquivo adxunto ou picando nesta ligazón

 

 

20 de agosto 

O Concello da Baña, a través da Concellería de Accción social, cultural e servizos á cidadanía, pon en marcha un ano máis o programa A Baña Madruga para o curso 2025-2026, un servizo pensado para apoiar a conciliación da vida laboral e familiar. Esta iniciativa garante que a rapazada estea atendida nun espazo seguro e acolledor antes do comezo das clases, ofrecéndolle tranquilidade ás familias e un tempo de lecer e coidado para os nenos e nenas.

O programa está dirixido ao alumnado de entre 3 e 16 anos matriculado no CPI San Vicente e desenvolverase de luns a venres, en horario de 07:30 horas ata o inicio da xornada escolar.

O prezo do servizo é de 40 euros ao mes, cunha tarifa de 4 euros por día para o uso en días soltos ou situacións de urxencia. Ademais, as familias numerosas terán unha bonificación dun 20%.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 21 ao 27 de agosto. As solicitudes poden presentarse de maneira presencial no Concello ou a través da sede electrónica. O servizo conta cun total de 15 prazas, que se irán cubrindo por orde de inscrición.