O Concello da Baña volveu programar actividades de todo tipo ata o mes de xuño no centro social e da terceira idade coa finalidade de fomentar un envellecemento activo entre os seus maiores. Entre a variada oferta figuran as camiñadas, bailes, xogos de mesa, lectura, estimulación da memoria ou cantigas. Os interesados poderán anotarse directamente no centro.
Os luns, a partir das 18.00 horas, os participantes poderán darlle algo de movemento ao seu corpo con bailes, xogos ou camiñadas, ademais de algo de ximnasia. O martes e mércores, dende ás 17.00 horas, a monitora tratará de que os asistentes manteñan a mente en forma con actividades para estimular a memoria, fomentar a lectura e diversos talleres.
Os xoves, dende as sete de tarde, é a quenda dos xogos tradicionais (xogos tradicionais, competicións, etc), e os venres, dende as cinco da tarde, toca facer algo de recordo, para lembrar o de antes con cantigas, tra
dicións ou cine.