• As peticións poden facerse ata o 20 de agosto no caso de pequenas empresas e ata o 30 de setembro nas tecnolóxicas

  • As achegas, que acadan un máximo de 186.000 euros, increméntanse nun 25% se o centro de traballo está radicado no rural

Diseño sin título 11

Dende hoxe pódense solicitar as axudas destinadas ao fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, así como os incentivos ás iniciativas empresariais de base tecnolóxica. As bases da convocatoria publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do martes 20 de xullo.

1. Tipos de axuda para as empresas de nova creación:

  • Subvención á xeración de emprego estable (de 2.000 a 9.000 euros por posto ata un máximo de 10).
  • Subvención para a formación (3.000 euros por empresa).
  • Subvención para o inicio da actividade (de 2.000 a 9.000 euros por posto ata un máximo de 10).
  • Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras (achega máxima de 3.000 euros para cubrir os custos das escolas infantís para fillos menores de tres anos).

Sumando as catro axudas, que son complementarias, a contía máxima poderá acadar os 186.000 euros.

2. Tipos de axuda para as empresas de cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT):

  • Subvención á creación directa de emprego estable (de 6.000 a 22.500 euros por posto creado, dependendo da idade, sexo ou titulación das persoas contratadas).
  • Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación (máximo de 18.000 euros para todas as contratacións).
  • Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade (ata 24.000 euros, segundo os postos estables creados no primeiro ano de actividade).

Todas as axudas son complementarias, polo que unha mesma empresa poderá acceder a unha cantidade máxima de 64.500 euros.

En ambos os dous programas, as achegas incrementaranse nun 25% se a persoa incorporada pertence a colectivos con dificultade de inserción laboral como mulleres, traballadores maiores de 45 anos, emigrantes retornados... Este aumento aplicarase tamén no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia. As pequenas empresas de nova creación teñen de prazo ata o 20 de agosto (código de procedemento TR807I), mentres que as de base tecnolóxica poderán pedir as achegas ata o 30 de setembro (código de procedemento TR340E).

Máis información na Axencia de desenvolvemento local do Concello da Baña.

  • Destínanse a proxectos de captación, potabilización e almacenamento

  • Cubren o 80 por cento do investimento do proxecto

  • As solicitudes pódense presentar ata o 20 de agosto 

axudas servizo e calidade de augas traídas veciñaisA Xunta convoca unha nova liña de axudas dirixidas a mellorar o servizo e a calidade da auga das traídas veciñais destinando un total de 500.000 euros a instalacións de captación, potabilización e almacenamento.

Poderán subvencionarse as actuacións levadas a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2021 e as achegas cubrirán un 80% do proxecto ata un máximo de 15.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 20 de agosto.

Para optar aos incentivos, as comunidades terán que estar constituídas legalmente e faranse cargo do 20% do financiamento restante, se ben estas axudas son compatibles con outras subvencións.

Dos 500.000 euros de investimento, a Xunta destinará 200.000 a financiar proxectos de comunidades de ata 50 membros e os outros 300.000 cubrirán actuacións impulsadas por asociacións veciñais máis grandes.

Este é o segundo ano en que a Xunta convoca este tipo de axudas coa fin de apoiar o importante papel das traídas veciñais no ámbito rural. A dispersión de poboación en Galicia leva a que ao redor de 600.000 persoas empreguen pequenos sistemas de abastecemento de auga propios, xa sexan veciñais ou individuais.

Pódese consultar a convocatoria no DOG premendo nesta ligazón.

PEL REACTIVA Baña cartel imprimir

 

As empresas beneficiarias das axudas concedidas polo Concello da Baña e a Deputación da Coruña a través do PEL Reactiva teñen de prazo ata o 31 deste mes de marzo para presentar a documentación xustificativa dos gastos e poder, así, cobrar a axuda asignada.

Así mesmo, o Concello facilítalle a todas as empresas e persoas autónomas beneficiadas das axudas a imaxe que deberán colocar nun lugar visible dos seus negocios informando de que foron beneficiarias con este programa.

A imaxe pódese descargar no arquivo adxunto para imprimir.

Attachments:
Download this file (PEL_REACTIVA_Baña_cartel_imprimir.pdf)2010315_PEL_Reactiva_imaxe_imprimir[ ]627 kB
  • Desenvolverase o xoves 6 de maio entre as 10:00 e as 12:00 horas

  • Vai dirixida a todas aquelas persoas interesadas en emprender no rural ou en proxectos de dinamización

manuelaO Concello da Baña anima a emprendedores e a todas aquelas persoas interesadas en dinamizar o rural a participar na xornada de intercambio de experiencias que se desenvolverá de xeito online o 6 de maio entre as 10:00 e as 12:00 horas.

A xornada, organizada pola Red Rural Nacional do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, ten como obxectivos dar a coñecer vivencias persoais de emprendedores no medio rural, subliñar a variedade de sectores nos que se pode emprender e intercambiar experiencias sobre problemáticas específicas vencelladas ao emprendemento e posibles vías para superalas.

O programa comprende dúas mesas de experiencias, de corenta minutos cada unha. Nelas, darase conta de que pasos hai que seguir para emprender no rural, así como proxectos concretos de casos de éxito.

Na primeira mesa, que leva por título “Comezando a emprender no medio rural: problemas, dúbidas e solucións”, participarán catro emprendedores:

  • Gemna de la Montaña, da Asociación Integración Social A-02, proxecto de ecoturismo náutico inclusivo en Ares.
  • Cristina, da empresa de agricultura e formación ecolóxica Horta da Terra de Miño.
  • Nieves Millán, responsable das cabanas rurais María Manuela Enoturismo en Boqueixón.
  • Alberto Uría, do ecomuseo El País del Abeyeiro, en Pena de Nogueira.

A segunda mesa, ‘Emprendedores no medio rural, unha aventura que merece ser contada’, reunirá outros catro poñentes:

  • Guillermo Martínez, que falará da creación da granxa escola e a dixitalización de A Casa Grande de Xanceda (Mesía).
  • María José Tallón, da empresa de agricultura ecolóxica Trasdeza Natur (Silleda).
  • Jesús Otero, dos xeados artesanais Bico de Xeado (Miño).
  • Patricia, do parque de aventura Naturmaz de Mazaricos.

A inscrición, gratuíta, pode facerse ata o 5 de maio cubrindo o formulario que se pode descargar premendo nesta ligazón

  • Poderán beneficiarse os establecementos do municipio que tiveron que pechar durante a pandemia

  • O goberno local reserva unha partida de 20.000 euros nos presupostos de 2021, que deberán aprobarse para sacar adiante a iniciativa

  • O presidente dos empresarios considera que esta medida “suporá un pequeno alivio para o tecido produtivo da Baña”

20210305 Concello ABaña Emprende WEB

O Concello da Baña vai preparar unha convocatoria de axudas dirixidas as empresas e comercio local que tivo que pechar por mor da pandemia, para axudarlles a afrontar algúns dos gastos correntes que teñen que asumir, entre eles as taxas polos servizos municipais. Este foi un dos compromisos que adquiriu o alcalde, José Antonio Pereira, co presidente da Asociación de Empresarios A Baña Emprende, Rafael Vieito, despois da reunión que ambos mantiveron no Concello.

Dar a coñecer o tecido empresarial do municipio, xerar sinerxías entre elas, e difundir os recursos que teñen ao seu alcance son algúns dos obxectivos que persegue a Asociación A Baña Emprende, recentemente constituída. Na reunión co alcalde, Rafael Vieito solicitoulle unha liña de axudas que permitan aos empresarios e comercios do municipio aliviar un pouco a súa situación económica.

Nesta liña, alcalde e presidente consideran factible que estas axudas do Concello, que poderán chegar ata 20.000 euros se se aproban os orzamentos para o presente exercicio, vaian dirixidas a aqueles negocios ou empresas “que tiveron que pechar obrigatoriamente na súa actividade por indicación das autoridades sanitarias”, indicou o alcalde. Rafael Vieito considera importante poder sacar adiante a iniciativa, “que suporá un pequeno alivio para o tecido produtivo da Baña”.

O equipo de goberno está xa a traballar na redacción das bases desta convocatoria, “que non poderemos poñer en marcha ata que non se aproben os presupostos municipais de 2021, pois nos actuais non existe partida orzamentaria para elo”. A idea e darlle facilidades ás empresas e negocios para que poidan destinar estas axudas “a pagar as taxas municipais, gastos de aluguer, seguros cotas de seguridade social de traballadores ou autónomos, seguros”, entre outras partidas, engade o alcalde.