20181125 contra violencia xenero

 

Veciñas e veciños da Baña sumáronse onte á concentración para Romper coa espiral da violencia de xénero e animáronse a facerse fotos con carteis alusivos ao lema promovido polo Concello e en defensa das mulleres. O acto, previsto inicialmente na praza do concello, trasladouse ao centro social debido ao mal tempo.

Aquí, dende o alcalde, ata concelleiros e concelleiras da Corporación, veciños e veciñas fixéronse fotos diante do mural con mensaxes alusivos ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que tiñan como nexo común o rexeitamento á normalizar a violencia contra as mulleres.

Un rotundo NON aos piropos ofensivos, aos insultos, á violencia psicolóxica, ao control desmesurado sobre as mulleres, aos desprezos, ás agresións física foron algunhas das mensaxes que se podían ler nos carteis. Todos os veciños e veciñas da Baña están en contra de normalizar a violencia contra as mulleres e así o manifestado neste acto promovido dende o Concello.

A actividade coincidiu con talleres para os máis novos e un magosto contra a violencia, que permitiu a todos os asistentes degustar castañas.

Coincidindo con esta celebración, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei representaron a obra de teatro ‘Falar sen cancelas’, que fixo rir a pequenos e maiores. A obra forma parte da Rede Cultural da Deputación.

Pódese ver un album de fotografías no facebook do Concello da Baña (preme neste enlace).

20181125 teatro