- Detalles
- Escrito por evelb_mantenimiento
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1010
Luns 18 de xuño de 2018, ás 19:00h no Centro social e da terceira idade da Baña.
Impartida pola coordinadora de Educación vial da Coruña.
As persoas que asistan recibirán un chaleco reflectante.
- Detalles
- Escrito por evelb_admin
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1157
Proximamente convocaranse prazas para asistir a un intercambio xuvenil a Venecia (Italia), enmarcado dentro das relacións bilaterais que mantén este concello con distintas entidades noutros países. Estade atentos e atentas á páxina web do Concello da Baña para inscrivirvos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1213
Na Xunta de Goberno Local celebrada o 2 de maio de 2018 aprobouse a listaxe provisional de persoas admitidas no Punto de Atención á Infancia para o curso 2018/19.
Presentáronse 19 solicitudes e todas foron admitidas.
As persoas interesadas en consultar o seu expediente poden facelo no despacho da Educadora Familiar.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1315
O director Andrés Goteira, e o productor e actor Suso López, que forman parte de Gaitafilmes, achegáronse o mércores 9 de maio ao CPI de San Vicente, na Baña, para darlle unha charla ao alumnado de Secundaria sobre como empregar a nosa lingua en todos os procesos que envolve hoxe en día a realización dun filme. Na charla coloquio tamén se falou sobre o uso do galego no día a día dunha produtora audiovisual como esta que desde unha pequena vila galega, Meira, puxo a andar a longametraxe “Doghs”, que foi rodada integramente en galego.
Na súa explicación, Suso López destacou que fixeron “un proxecto en galego para todo o mundo e isto non foi un problema senón que se fixo forte desde abaixo, empezando no noso pobo e rematando na comunidade”. Pola súa banda Andrés Goteira puntualizou que “é moi bonito traballar desde un lugar como Meira, cos amigos de toda a vida cos que xoguei ás agachadas e, ao mesmo tempo, rodearse dun equipo técnico e profesional e estar tan apoiado”.
Despois da charla houbo un coloquio co alumnado, que se mostrou moi interesado por coñecer os pormenores do proxecto. A actividade posterior consistiu nunha pequena práctica de cine, a posta en marcha dunha escena en colaboración co alumnado que ocupou os diferentes roles que hai na rodaxe dun filme: cámara, dirección, auxiliar de dirección, continuidade, sonidista, pertiguista, arte, foto, actores ou actrices… O guión estaba previamente preparado para facer unha rodaxe sinxela, como un diálogo con dous ou tres planos.
Esta actividade está encadrada dentro da campaña de normalización lingüística “O galego, a miña lingua propia” que está a desenvolver a Deputación da Coruña xunto coa colaboración dos concellos e que ten como principal obxectivo promover o uso da lingua galega entre a mocidade co fin de evitar a diminución no uso do galego nesta franxa de idade.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1802
Un cento de músicos de todas as idades reuníronse hoxe na área recreativa Agra de Chans para celebrar na Baña a quinta edición da PequeRachada, o encontro de Escolas de Música Tradicional que organiza a ACM Os Campantes e o Concello da Baña, e que xuntou a pequenos e maiores amantes da música galega.
Pola mañá actuaron os membros da Escola de Música Tradicional da Baña, que dirixe Emilio Lois, xunto cos de Riscadeira de Laraño, o Galanciños da Picota e As Xoubiñas de Ultreia. Os aplausos foron constantes para animar ás máis cativas e cativos da EMT da Baña e ás meniñas de Riscadeira, que abriron o encontro interpretando varias pezas.
Despois dun bo xantar ao aire libre, a base de callos e macarróns, pola tarde continuou a festa coas actuacións de Os Viracunchos da OCT Ultreia de Compostela, O Balado de Toques, Sateira de Saiáns, a A.C. Pinguela de Bama (Touro) e a A.C. A Mámoa de Luou.
A boa música animou aos mozos e mozas a bailar e aos maiores a cantar algunhas das pezas que interpretaban os músicos participantes neste quinto encontro que promove a Escola Municipal de Música Tradicional da Baña que dirixe Emilio Lois. Vinte alumnos forman parte da EMT da Baña, na que aprende a tocar a gaita e a pandeireta. Hoxe tiveron a ocasión de amosar os seus progresos dende a última PequeRachada.
Máis fotos no facebook do Concello da Baña
Podes ver un pequeno vídeo do canal de Youtube do Concello da Baña



