Os rapaces e rapazas da Baña gozaron, xunto cos seus familiares, do mago Pedro Bugarín que levou ata o centro social e da terceira idade o seu espectáculo ‘Mundo Máxico 3.0’, con motivo da celebración do Samaín. Unha actuación que estivo chea de risas e moito humor, na que non só xogaron os cativos e cativas senón que os seus pais e nais tamén foron os primeiros en animarse a participar. E é que ‘Mundo Máxico 3.0’ é un espectáculo versátil en clave de humor, no que a maxia xoga un papel moi importante, pero mesturada coas novas tecnoloxías.

A convocatoria superou as expectativas, xa que ademais do público do propio centro da terceira idade e as familias da Baña, tamén acudiu público de Negreira.

Para rematar a tarde nada mellor que unha merenda a base das tradicionais chulas de crema que, dado o éxito da convocatoria, apenas chegaron para repetir.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.


20181027 Samain Pedro Bugarin webO mago Pedro Bugarín levará esta martes ata A Baña o seu espectáculo ‘Mundo Máxico 3.0’, co que pretende facer gozar a grandes e pequenos, sexa cal sexa a súa idade. Será a forma de celebrar o Samaín no centro social e da terceira idade da Baña a partir das 17.00 horas do día 30. E ao rematar, sobre as seis da t arde, todos os asistentes poderán degustar as tradicionais chulas de crema.

‘Mundo Máxico 3.0’ é un espectáculo versátil en clave de humor, na que a maxia xoga un papel moi importante, pero mesturada coas novas tecnoloxías. Pedro Bugarín mestura o máis místico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías nun espectáculo interactivo no que se require, en moitas ocasión, a participación do público.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.

20181019 ALI6986Os máis novos e as máis novas da Baña gozaron onte co taller de intelixencia emocional e coas aventuras do Monstro de Cores, que Carla e Loreto lles foron contanto aos ‘Maimiños’, nenos e nenas menores de seis anos que, acompañados das súas nais, pais ou aboas, se achegaron ata a casa da cultura da Baña.

Primeiro puideron coñecer como funciona a biblioteca municipal, e houbo ata quen se fixo socio. Logo Patricia Torreira leulles varios contos, e, despois de merendar, todas e todos estiveron moi atentos ao que lles contaban Carla e Loreto, de Donde viven los cuentos. Pedagoga e psicóloga, as dúas utilizaron o conto de O monstro de cores “porque amosa a xestión das emocións”, unha actividade recomendada para toda a familia.

Estas actividades promovidas polo concello organizáronse para conmemorar a semana da Biblioteca (no caso das visita e os contacontos) e, e taller de intelixencia emocional co patrocinio do programa da Consellería de Educación Ler conta Moito. Así todos e todas puideron pasar unha tarde divertida.

 

20180920 Cartel Escola Musica Tradicional

A Escola Tradicional de Música da Baña ofertará neste curso 2018-2019 as especialidades de pandeireta, gaita e baile tradicional galego. As clases están destinadas a menores a partir de 6 anos e persoas adultas, e teñen un custe de 30€ por tempada/instrumento.

O curso comezará o martes 2 de outubro e as clases impartiranse no centro social e da terceira idade, os martes, cos seguintes horarios:

PANDEIRETA
de 18:30 a 19:30 h modalidade infantil
de 19:00 a 20:00 h iniciación adultos
de 20:00 a 21:00 h perfeccionamento

GAITA
de 17:30 a 18:30 h infantil
de 21:00 a 22:00 h adultos

BAILE TRADICIONAL GALEGO
de 19:30 a 20:30 h infantil
de 21:00 a 22:00 h adultos

 

Ademais, o ensaio dos grupos de gaita terá lugar os sábados.

As inscricións poden realizarse na concellería de Cultura ata o 28 de setembro. Para formar os grupos, será preciso que haxa un mínimo de 8 participantes en cada un deles.