- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1170
O vindeiro mércores 6 de marzo celebrarase o I Torneo de Xadrez do Concello da Baña. O Centro Social e da terceira idade do concello acollerá o campionato entre as 17:00 e 19:00 horas. No mesmo lugar, haberá tamén un espazo libre con profesores de xadrez para aprender a aqueles interesados que non saiban xogar. O obxectivo da actividade é promocionar este deporte entre a veciñanza, de cara á formación dun club municipal de xadrez no futuro.
As inscricións faranse no número de teléfono 633 447 674, preferiblemente a través de WhatsApp. Todos os participantes recibirán unha medalla e haberá trofeos para o mellor local, campión sub-8, sub-10 e sub-14.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 838
O Concello da Baña renovará as instalacións e dotacións da rede de alumeado público do municipio cunha achega de preto de 400.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A axuda solicitada polo Concello financiará unha boa parte da actualización de instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior, cuxo custe total será de 493.183,70€.
O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica notificou esta semana ao Concello a concesión desta axuda, que conta con financiamento europeo ao estar enmarcada no Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, que busca mellorar a eficiencia enerxética e apoiar así a transición cara a unha economía con baixo consumo de carbono e, polo tanto, máis limpa.
Os 394.546,96€ concedidos representan o 80% do investimento, a contía máxima que financia o FEDER. Con esta actuación, o Concello poderá renovar 2.281 puntos de luz dos 2.327 existentes, cambiando ás lámpadas actuais por outras de tecnoloxía LED, que incrementan a iluminación diminuíndo o consumo eléctrico. O aforro enerxético estimado é dun 73%, ao pasar a potencia actual de 230,82 KW a tan só 81,08 KW cando rematen as obras.
As actuacións faranse tanto na substitución das luminarias como nos cadros eléctrico. O Concello ten agora un prazo máximo de 6 meses para contratar e adxudicar as obras, e de 18 meses para a súa execución. Unha vez rematadas, máis do noventa por cento das luminarias do municipio da Baña serán de tecnoloxía LED, o que suporá un considerable aforro enerxético, e lle permitirá ao Concello cumprir tamén co Pacto polo Clima promovido pola Unión Europea, que vén de asinar o Concello da Baña.
Actualmente, as lámpadas que existen na praza do Concello e en outros puntos do municipio xa utilizan tecnoloxía LED.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1247
O Concello da Baña e a Asociación de Filloas da Pedra da Baña, en colaboración co GDR Terras de Compostela, organizan este venres un evento para promocionar a gastronomía tradicional galega e os sabores do territorio, no que se darán cita catro asociación de exaltación da festa da filloa procedentes de Lestedo, Zas, Muimenta (Cospeito) e da Baña.
No acto, dirixido a xornalistas, blogueiros e críticos gastronómicos, poderase ver as diferentes formas de elaborar as filloas que teñen estas localidades e os diferentes utensilios que utilizan para a súa elaboración. Así, poderanse ver as típicas pedras cadradas que usan na Baña ou as redondas de Zas, os filloeiros de Lestedo ou as pranchas de ferro que usan en Muimenta.
Nesta iniciativa, na que colabora o GDR Terras de Compostela a través da submedida 19.4 de promoción territorial, tamén se destacará a importancia que tivo o labor da muller rural no mantemento e legado de tradicións e costumes.
Para completar a exaltación da gastronomía tradicional galega, os alumnos que asisten ao curso de cociña que promove o Concello da Baña, aportarán pratos típicos como orellas, callos ou cocido, entre outros.
XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña
Durante o acto, presentarase a XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña, que este ano se vai celebrar a fin de semana do 23 e 24 de febreiro, ampliando a dous días o programa de actos, que se desenvolverán no polideportivo municipal de San Vicenzo.
Por primeira vez dende a súa creación, a Festa da Filloa da Pedra da Baña incluirá una Foliada Filloeirao sábado pola tarde. A partir das 16.30 horas actuarán As Xoubase os Viracunchosdo Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago; a agrupación Tíralle do Airee integrantes da Escola de Gaita da Baña. A organización promete algunha que outra sorpresa para este día. Ademais de gozar da boa música, os asistentes poderán ver xa en vivo e en directo as filloeiras e filloeiros da Baña elaborar filloas da pedra que se servirán ao día seguinte
O domingo 24 será o día grande da XVI Festa da Filloa da Pedra no polideportivo de San Vicenzo, que abrirá ao público a partir das 10.00 horas. Durante todo o día os asistentes poderán degustar as excelentes filloas da pedra que elaborarán as voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra e que se servirán soas, con chourizo, nata ou mel, coma todos os anos. A novidade desta edición é que as filloas serviranse tamén acompañadas da súa parella perfecta: o cocido.
Os Campantes da Baña e a agrupación Sarillo de Aiazo serán os encargados de poñer a música pola mañá, con actuación ás 12.30 e 14.30 horas, respectivamente. Os máis pequenos terán un espectáculo dedicado para eles as 16.30 horas cos Animacreques, e a partir das seis da tarde a Orquestra Charlestong Big Band animarán a verbena.
O Estudo obradoiro de cerámica Alén das Olas impartirá talleres de cerámica durante todo o día, e para repoñer forzas os asistentes, ademais de degustar as ricas filloas da pedra da Baña, os asistentes poderán achegarse ata os postos de polbo e churrasco que se instalan nas inmediacións do polideportivo municipal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1272
A filloa foi hoxe a gran protagonista do evento gastronómico que reuniu no pazo de Cores as asociacións que promoven a exaltación deste típico produto galego na Baña, Lestedo, Muimenta (Cospeito) e Zas e que viñeron a corroborar a gran diversidade culinaria que existe en Galicia. Cos mesmos ingredientes (auga, fariña, ovos e sal) pódense conseguir filloas cadradas duns 40x40 centímetros como fan na Baña, ou duns 20 como as de Muimenta; redondas de 60 centímetros de diámetro como as de Zas, ou duns 20 en Lestedo (Boqueixón). No acto, presentouse tamén o vídeo promocional da XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña, que se celebra o 23 e 24 de febreiro (video longo, aquí).
O evento, promovido pola Asociación Filloas da Pedra da Baña en colaboración co Concello, serviu para dar a coñecer como xurdiron cada unha destas exaltacións gastronómicsa e para establecer vínculos de colaboración para seguir promocionando este produto típico galego. Na presentación, Uxía Landeira resaltou precisamente a “diversidade da filloa nunha Galicia única pero tamén moi diferente”, e agradeceu o traballo de cociñeiros e asociacións que foron quen de poñer en valor este produto. “Hai que vivir a filloa e celebrar o noso”, dixo a presentadora, unha afirmación que corroborou máis tarde o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, ao resaltar a importancia de recuperar tradicións e “compartir experiencias” para seguir facendo destas exaltacións gastronómicas un atractivo turístico e dinamizador do territorio.
Mónica Tomé recordou como no ano 2004 nacía a festa da filloa da pedra da Baña promovida dende o Concello e, tres anos máis tarde, a Asociación Filloas da Pedra da Baña, que segue a organizar esta exaltación gastronómica xunto con moitos voluntarios. “Hoxe o Concello da Baña é coñecido en moitos lugares grazas a esta festa. A filloa quere devolverlle parte dese esforzo e axudar a saír adiante”.
Ana Pereiro, da Asociación de Veciños Barolo, de Loroño (Zas), sinalaba que levan 5 anos organizando a festa da filloa. En Zas fanas nunha plancha redonda de ferro fundido, duns 60 centímetros de diámetro. A características desta filloa é que parece unha peza de encaixe, polos numerosos ollos que ten, e cada unha necesita case un litro de amoado. A festa celebrase o vindeiro 16 de marzo e conta con 24 pedras, dixo unha das promotoras desta festa e a filloeira de maior idade. O ano pasado reuniron a 600 persoas nunha cita na que os homes se encargan de facer o cocido que acompaña ás filloas.
José Rus, coordinador da Asociación de Empresarios de Muimenta, que organiza a festa da filloa a través das Comisións de Moexmu (Mostra Exposición de Muimenta) sinalou que levan organizando esta exaltación dende 1992. Eles utilizan una plancha cadrada de ferro fundido de 50 centímetros, na que se van catro filloas pequenas de cada vez. “Hoxe, esta e a única festa da provincia na que se exalta só a filloa, noutros municipios sempre aparece acompañada doutros produtos”. Recordou como esta festa xurdiu dentro da Mostra Exposición de Muimenta como fórmula para recuperar a filloa e recadar algúns cartos. “En Muimenta sacamos a festa do entroido e celebrámola o 1 de maio. Temos a 184 persoas traballando na organización. Hoxe vemos que se fan filloas nas festas do verán e incluso en bodas”. Declarada de interese turístico dende 2008, contan cunha escola de filloeiros e filloeiras, “hoxe, das 56 persoas que están na escola, uns 20 son homes”.
Mari Carmen Reyacudiu en representación da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, que celebrará a súa 36 edición (é a máis antiga) o vindeiro 10 de marzo. Declarada Festa de Galicia de interese turístico, a Filloa de Lestedo reúne cada ano a milleiros de persoas, e é coñecida polas máquinas que inventou Orlando Vázquez. “A máis grande é quen de facer ata 1.500 filloas cada hora, atendida só por seis persoas, e, a máis pequena, fai unhas 500”, dixo Carmen Rey, quen convidou a todos os presentes a acudir a Lestedo o vindeiro 10 de marzo.
Pola sua banda, o chef José Manuel Mallón, que se presentou como “un dos filloeiros da Baña” e firme defensor da filloa e que inclúe tamén nalgúns dos pratos do seu restaurante, amosouse partidario de “recuperar a tradicións e compartir receitas tradicionais entre veciños de diferentes parroquias”. Isto é o que están a facer os alumnos e alumnas asistentes ao Curso de cociña tradicionalque organiza o Concello da Baña, no que deu clases Mallón e que esta mañá serviron diferentes pratos para acompañar ás filloas, entre elas cocido, callos, carne asada, cordeiro, empanada, e diferentes doces.
Con esta iniciativa, dende o Concello quérese aproveitar o potencial da Baña para facer da gastronomía, ademais dun reclamo, unha forma de vida e unha forma para poñer en valor a economía da zona e a riqueza turística. Uns recursos que se encarga de promocionar tamén o alumnado de turismo do Obradoiro de Emprego Barcala, Xallas Dubra IV, que hoxe estivo amosando os trípticos promocionais que están a deseñar, ademais de recoller información para o programa de radio que cada mércores emiten en Radio Negreira.
Na organización do evento desta mañá no pazo de Cores tamén colaborou o GDR Terras de Compostela a través da submedida 19.4 de promoción territorial.
XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña
Durante o evento presentouse o vídeo promocional e o programa da XVI Festa da Filloa da Pedra da Baña, que se celebra o 23 e 24 de febreiro, ampliando a dous días o programa de actos, que se desenvolverán no polideportivo municipal de San Vicenzo.
Por primeira vez dende a súa creación, a Festa da Filloa da Pedra da Baña incluirá una Foliada Filloeirao sábado pola tarde. A partir das 16.30 horas actuarán As Xoubase os Viracunchosdo Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia, de Santiago; a agrupación Tíralle do Airee integrantes da Escola de Gaita da Baña. A organización promete algunha que outra sorpresa para este día. Ademais de gozar da boa música, os asistentes poderán ver xa en vivo e en directo as filloeiras e filloeiros da Baña elaborar filloas da pedra que se servirán ao día seguinte
O domingo 24 será o día grande da XVI Festa da Filloa da Pedra no polideportivo de San Vicenzo, que abrirá ao público a partir das 10.00 horas. Durante todo o día os asistentes poderán degustar as excelentes filloas da pedra que elaborarán as voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra e que se servirán soas, con chourizo, nata ou mel, coma todos os anos. A novidade desta edición é que as filloas serviranse tamén acompañadas da súa parella perfecta: o cocido.
Os Campantes da Baña e a agrupación Sarillo de Aiazo serán os encargados de poñer a música pola mañá, con actuación ás 12.30 e 14.30 horas, respectivamente. Os máis pequenos terán un espectáculo dedicado para eles as 16.30 horas cos Animacreques, e a partir das seis da tarde a Orquestra Charlestong Big Band animarán a verbena.
O Estudo obradoiro de cerámica Alén das Olas impartirá talleres de cerámica durante todo o día, e para repoñer forzas os asistentes, ademais de degustar as ricas filloas da pedra da Baña, os asistentes poderán achegarse ata os postos de polbo e churrasco que se instalan nas inmediacións do polideportivo municipal.
Podes ver o album de fotos no facebook do Concello da Baña (preme aquí).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1270
O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, acusa o grupo socialista municipal de recorrer á “política do barullo e da confusión” para alarmar os veciños sobre a construción dun parque eólico en Troitomil, “cando na Xunta de Galicia non se iniciou ningunha tramitación nin expediente ao respecto. Isto é facer política basura”, afirma o rexedor.
Andrés García xa mantivo unha reunión co director xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, “quen asegurou que na Xunta non se está a tramitar ningún expediente sobre un parque eólico na Baña”. O único que ocorreu ata o momento, asegura o alcalde, é que a empresa Green Capital Power SL “presentou no Rexistro Eólico de Galicia, da Xunta, un escrito solicitando autorización para construír un parque eólico en Troitomil. Nada máis. Non se iniciou ningún trámite administrativo. Nin sequera se contestou ao escrito”, engade.
O alcalde acusa aos socialistas de estar “xerando confusión entre os veciños da Baña e trasladando información que non é veraz. Xa están convocando reunións, e incluso recollen firmas contra un proxecto que, de momento, non existe”.
Tras a xuntanza co director xeral, Andrés García Cardeso asegura que, no caso de que o expediente se chegue a tramitar, dende a Xunta trasladarase información ao concello, para que os veciños poidan coñecer os pormenores do proxecto. “Neste momento non hai nada de nada. Dende o PSdeG están xerando confusión, intranquilidade e falsas alarmas entre os veciños, e difundido mentiras”, asegura o alcalde, quen se ofrece á veciñanza a tramitar unha reunión coa Xunta para que os veciños poidan recibir información de primeira man.