- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1572
A novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña atraeu ata o polideportivo de San Vicenzo a preto de corenta artesáns e comerciantes que montaron postos de artesanía, alimentación, flores e xoguetes nunha xornada na se deron cita xa nenos e nenas dende primeiras hora da mañá, para montar na zorra de Papá Noel e participar nos xogos que prepararon os membros do obradoiro de emprego Xóvenes 2019.
Os Campantes da Baña foron os encargados de poñer a música e animar aínda máis un ambiente festivo, no que moitos dos visitantes aproveitaron para mercar os últimos agasallos destas datas. E precisamente todas as persoas que fagan algunha compra neste Mercadiño de Nadal participan no sorteo dunha cesta chea de agasallos doados polos postos presentes no mercado.
Xa pola mañá, a cativada gozaba na ludoteca que preparou a organización e nos xogos que dinamizaban os mozos e mozas menores de 30 anos de Val do Dubra, A Baña, Negreira, e Santa Comba que participan no obradoiro de emprego Xóvenes 2019, que se están formando nas actividades de animación física, deportiva e recreativa.
E despois de xantar chegaron os espectáculos preparados especialmente para os máis novos, co ‘Autoestopista intergaláctico’ de Aitor Zamuz e o ilusionismo de Martín Camiña, aínda que o gran protagonista da xornada foi, sen dúbida, Papá Noel, que chegará as seis da tarde do seu saco cargado de ilusións e agasallos para todos os participantes.
No polideportivo de San Vicenzo –ata onde se trasladou o Mercadiño de Nadal por culpa do mal tempo– había postos con produtos artesáns feitos en madeira, roupa, cestos, bisutería, conchas e tamén xabóns naturais. Entre os produtos de alimentación que se poden mercar hai conservas, mel, galletas e de panadería. A todo elo engádense flores e xoguetes para que todo o mundo poida atopar os últimos regalos que facer neste Nadal.
Para xantar, pulpería Mambís encargouse de preparar polbo e churrasco para saciar os padais máis esixentes, ou algún que outro churro que do posto de Marisú.
Coa tarde chegou o momento máis especial para toda a veciñanza. Os nenos e nenas (e os que non o son tanto) entragaron as súas cartas a un Papá Noel que visitou por adiantado o Concello da Baña e que ademais de escoitar as peticións da cativada, regaloulles petiscos para que recuperaran as forzas despois de dalo todo cos espectáculos de Aitor Garuz e Martín Camiña. No sorteo da cesta de Nadal, a gañadora foi Lucía Mayo López.
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 2007
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se realiza a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
As persoas interesadas en obter esta cualificación teñen 20 días hábiles de prazo para inscribirse
neste procedemento, para o que se convocan 1.800 prazas. Poden solicitar máis información no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Baña ou no teléfono 981 886 777 ou no 650 886 501.
As cualificacións profesionais incluídas nesta convocatoria son as seguintes:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
- Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
- Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
- Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas.
- Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas.
- Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia: – UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións. – UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
- Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1988

O Concello da Baña acaba de aprazar a celebración do Feirón da Re-Volta, previsto para este domingo na carballeira do Seilán dende as 11.00 horas. O equipo de goberno e os técnicos municipais adoptaron esta decisión ante a previsión de choiva para esta fin de semana e a situación na que se atopa a propia carballeira despois das fortes choivas destes días.
Aínda que non chega a estar asolagado, o terreo da carballeira do Seilán e os arredores están moi húmidos polas últimas choivas, e ante a previsión de máis precipitacións para esta fin de semana, o equipo de goberno tomou a decisión de pospoñer para outra data a celebración da Re-volta, que quere recuperar a tradición das feiras que se celebraban na comarca a mediados do século pasado.
A data na que se celebrará a terceira edición da Re-Volta anunciarase proximamente.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1612
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou este venres na apertura do obradoiro de emprego de Santa Comba, compartido coa Baña, Negreira e Val do Dubra que oferta 20 prazas para formar 10 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e a outros 10 en Instalación de Elementos de Carpintaría. As accións que se levarán a cabo no concello da Baña inclúen o acondicionamento do terreo de Eiroa e a fabricación de revestimentos de madeira para os contedores de residuos.
Os participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.
Concretamente, en conservación e mellora de montes levaranse a cabo limpezas e acondicionamentos en terreos municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas comúns, campos de fútbol e camiños en todos os concellos participantes. Pola súa banda, o Concello da Baña gozará do acondicionamento do terreo de Eiroa e o revestimento de madeira de contedores de residuos, entre outras accións.
Ovidio Rodeiro destacou que “o obxectivo é seguir formando os desempregados dos concellos galegos para incrementar as súas posibilidades de atopar un emprego, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación das empresas da contorna”.
Na súa intervención lembrou que “na comarca de Santiago está prevista a realización dun total de 8 talleres dos cales 5 deles son de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 2,1 millóns de euros. O obradoiro ‘Mellora2019’ conta cun orzamento de 336.000 euros.
Os obradoiros duais son os de Ordes, compartido con Mesía e Frades; o de Touro, compartido con Boqueixón e Vedra; o de Ames, compartido con Brión; o de Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra e o de Santiago de Compostela. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en Santiago de Compostela; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Val do Dubra compartido coa Baña, Santa Comba e Negreira.
Estes obradoiros permitirán que un total de 142 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.
O alcalde do Concello da Baña, José Antonio Pereira Gil, e o portavoz do Partido Popular, Andrés García Cardeso, estiveron presentes no acto de apertura do obradoiro de emprego.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 2478

A carballeira do Seilán acollerá o domingo 20 de outubro a terceira edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado. Este ano a troula contará cun entorno renovado despois de que o Concello eliminara o antigo palco por petición popular. As actividades, que inclúen música, mercadiño, demostración de oficios, catas e propostas culturais, comezarán ás 11 da mañá, como nas edicións anteriores.
O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración coa Deputación da Coruña. Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Durante a xornada haberá diferentes postos de comida típica galega e unha exposición fotográfica con imaxes antigas facilitadas pola veciñanza.
A música comeza xa ás 12 do mediodía, coa actuación da Requinta da Laxeira, agrupación de música tradicional que está a celebrar os seus 15 anos traballando para recuperar a requinta, instrumento característico da zona da Ulla. Pola tarde será o turno do Mago Teto e o seu espectáculo ‘O Afiador’, que a partir das 16.00 horas animará a tarde cos seus trucos. Ás 17.30 horas Os Campantes da Baña continuarán coa música para sacar a todos os veciños e veciñas a bailar ata que o corpo aguante.
