- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 599
-
As axudas destínanse a investimentos en equipamento e infraestruturas, a promoción da actividade física, a participación en competicións e a organización de eventos deportivos
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe unha batería de subvencións dirixidas a entidades deportivas para axudalos a fomentar a actividade física, dotarse de equipamento, acometer infraestruturas ou organizar eventos de gran envergadura. Tamén recolle as achegas dirixidas aos clubs para cubrir os gastos da súa participación en competicións. A Concellaría de Promoción de Vida Activa e Deportiva da Baña lembra que as solicitudes poderán presentarse dende mañá, martes 8 de febreiro, ata o 18 de abril no caso da organización de eventos e ata o 8 de marzo para o resto das axudas, e poderán xustificarse ata 31 de marzo do vindeiro ano 2023. Tanto as solicitudes como o resto dos trámites realizaranse de xeito telemático na plataforma SUBTEL da sede electrónica da Deputación da Coruña.
Estas son as catro liñas de achegas:
1. Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2022.
- Dirixida a entidades de carácter deportivo, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro da Xunta.
- As axudas oscilan entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 40.000 para facer investimentos.
- O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.
Consulta as bases picando nesta ligazón.
2. Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2022.
- Dirixida a entidades privadas sen ánimo de lucro, incluídas as federacións deportivas, con domiclio fiscal na provincia da Coruña e que teñan entre os seus obxectivos o fomento do deporte ou a formación en materia deportiva.
- As achegas abranguen dun mínimo de 1.000 euros a un máximo de 30.000 euros.
- O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.
Consulta as bases picando nesta ligazón.
3. Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, que teñan equipos ou deportistas participando competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2022.
- Dirixida a clubs, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con equipos ou deportistas en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico. Excepcionalmente, poderán participar clubs que teñan 5 ou menos deportivas individuais que no ano 2022 compitan a nivel nacional ou internacional.
- As axudas, que se destinarán a sufragar os gastos derivados da participación dos deportistas en competicións oficiais, oscilará entre un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 60.000 euros.
- O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 8 de marzo ás 14.00 horas.
Consulta as bases picando nesta ligazón.
4. Programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2022.
- Dirixida a entidades que acrediten ser as organizadoras dos eventos para os que piden a achega.
- As axudas oscilarán entre un mínimo de 6.000 euros e un máximo de 70.000 euros.
- O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 18 de abril ás 14.00 horas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 729
-
Participaron unha nena e cinco nenos das escolas deportivas municipais
-
Sergio Calvo conseguiu o segundo posto na categoría sub 10 e o terceiro en sub 12
-
Nico Amado foi segundo en sub 12
-
Pedro Varela quedou segundo en sub 14 e Noel Casares, terceiro
Os integrantes da Escola Municipal de Xadrez da Baña que participaron no torneo provincial da Coruña desputado a pasada fin de semana volveron de Padrón con tres pratas e dous bronces.
O equipo bañense estivo formado por Marta Calvo, Sergio Calvo, Unai Casares, Noel Casares, Pedro Varela e Nico Amado.
Marta, no seu primeiro campionato, logrou 3 dos 7 puntos na categoría sub 8.
Na sub 10 participaron Sergio Calvo, que asinou un segundo posto con 6 de 7 puntos, e Unai Casares, que foi sétimo logo de perder na última partida contra o campión.
A categoría sub 12 contou con Sergio Calvo, que foi segundo con 6 de 7 puntos empatando co primeiro clasificado; Nico Amado, terceiro con 5,5 puntos; e Unai Casares, que fixo 3 puntos.
Por último, en sub 14 hai que salientar o segundo posto de Pedro Varela, con 5 puntos, e o terceiro de Noel Casares, tamén con 5 puntos.
Ademais, Dani Manrique desputou o torneo provincial de Ourense.
Clasificacións:
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 601
-
Gozarán da estación de Valgrande-Pajares entre o 28 e o 31 de xaneiro
-
A inscrición realizarase nas oficinas do Concello ata o 14 de decembro
-
A viaxe inclúe traslados, aloxamento, manutención, clases de esquí e actividades
-
Os participantes pagarán 85 euros en concepto de inscrición
Catro mozas/os da Baña de entre 12 e 15 anos poderán participar na Campaña de neve promovida pola Deputación da Coruña na estación de Valgrande-Pajares, en Asturias. Para facer a solicitude, as persoas novas interesadas terán que cubrir a ficha de inscrición (pica aquí) e presentala no Concello da Baña. Teñen de prazo ata o martes 14 de decembro.
Os participantes no programa desfrutarán de catro días con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias. A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, que inclúen transporte dende un punto de recollida na cabeceira da comarca, seguros, alugamento de material ou remontes na estación. As/os mozas/os, pola súa parte, terán que aboar un total de 85 euros como taxas de inscrición.
A campaña desenvólvese durante seis fins de semana. Ás mozas e mozos da Baña correspóndelle ir na terceira quenda, que se prolongará do 28 ao 31 de xaneiro. Entrarán na estación de Valgrande-Pajares o venres antes do xantar e deixarana o luns despois de comer.
No caso de que o número de solicitantes supere as cinco prazas dispoñibles, realizarase un sorteo no Concello no que terán prioridade quelas rapazas ou rapaces que non participaran anteriormente na campaña de neve.
No caso de que o número de solicitantes supere as cinco prazas dispoñibles, realizarase un sorteo no Concello diante da secretaria municipal no que terán prioridade aquelas rapazas ou rapaces que non participaran anteriormente na campaña de neve.
A información da campaña pode consultarse no apartado de Deportes da web da Deputación da Coruña ou picando nesta ligazón.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 765
-
A carreira, non competitiva, sairá ás cinco da tarde da Praza do Concello
-
Anímase ás persoas participantes a acudir disfrazadas para cubrir un percorrido de catro quilómetros
O Concello da Baña despedirá o ano este 31 de decembro coa celebración da súa primeira San Silvestre, unha carreira de catro quilómetros non competitiva que se organiza coa idea de fomentar hábitos saudables combinando a práctica deportiva e a diversión. Por este motivo, anímase a todas as persoas participantes a que acudan disfrazadas á saída, programada para as 17.00 horas dende a Praza do Concello.
As persoas interesadas en correr esta I San Silvestre da Baña deberán inscribirse previamente mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou un wasap ao número de teléfono 669 368 413. Nas súas mensaxes terán que facer constar nome, apelidos, DNI e número de teléfono. Os menores de 12 anos deberán correr na compaña da súa nai, pai ou un/ha titor/a.
Seguindo as recomendacións fronte a Covid 19, a saída efectuarase coa máscara posta e só poderá baixarse unha vez se logre manter a distancia interpersoal de metro e medio co resto das/os corredoras/es. Dende a organización da carreira, lembráselle ás persoas participantes que se aplicarán os protocolos de seguridade acordados polas autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia e que terán que cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 712
-
A triplista Alba Cuns, campiona de España, liderará a participación de destacados deportistas da comarca
-
Desputaranse probas de velocidade, marcha, valos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, triplo salto ou salto de altura
-
O certame diríxese aos escolares maiores de 8 anos coa idea de iniciar a actividade no municipio no caso de que haxa interese
O pavillón polideportivo de San Vicenzo da Baña abrirá as súas portas o sábado 23 de outubro para gozar dunha xornada de atletismo con deportistas da comarca que triunfan en diferentes especialidades. O obxectivo é amosarlles aos escolares bañenses que teñan cumpridos os 8 anos as múltiples posibilidades desta disciplina e, no caso de que houbera interese, incluíla entre as actividades deportivas ofertadas polo Concello.
No polideportivo desputaranse probas de velocidade, marcha, valos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, triplo salto ou salto de altura. Participarán na exhibición a triplista Alba Cuns, campiona de España sub-18; Alba Pérez, terceira clasificada no campionato galego absoluto de marcha e quinta no nacional en ruta; Samuel Lema, subcampión autonómico de lanzamento de peso e campión de España por federacións; a marchadora Rosalía Moraig e o saltador de altura Gonzalo Cuns.
As competicións, abertas a todas as nenas e nenos con interese en probar as distintas especialidades atléticas, darán comezo ás 11 da mañá.