- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1371
4 de outubro de 2023
O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de alumnado admitido na Escola de Música Municipal Emilio Andújar para o curso 2023-2024.
A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón.
Hai que sinalar que, posto que quedan prazas libres, as familias que o desexen poderán solicitar a inscrición na Escola de Música Municipal Emilio Andújar.
O financiamento da Escola de Música da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
10 de agosto de 2023
O Concello da Baña abre mañá venres 11 de agosto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas que desexen formarse na Escola de Música Municipal Emilio Andújar no vindeiro curso 2023-2024. O servizo vai dirixido á poboación en xeral a partir dos 3 anos de idade, se ben hai prioridade para as persoas empadroadas na Baña. As clases desenvolveranse en horario de tarde, coincidindo co calendario escolar anual.
A Escola Municipal de Música da Baña oferta un total de 14 especialidades para o vindeiro curso: percusión, saxofón, frauta traveseira, clarinete, trompeta, tuba, trombón, bombardino, piano, guitarra, acordeón, canto e música e movemento, esta última para os máis pequenos. A estas materias hai que sumarlle solfexo, especialidade que está incluída e que é complementaria a calquera das anteriores.
Nas bases reguladoras do servizo, publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, establécese un número mínimo de cinco alumnos inscritos en cada especialidade para que esta poida ser impartida (agás en piano, acordeón e solfexo, que se darán con independencia do número de alumnos apuntados).
O prazo de inscrición é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no BOP; isto é, do venres día 11 ao venres 25 de agosto. No caso de quedar prazas vacantes, poderase solicitar a alta con posterioridade a estas datas nas especialidades abertas.
Para inscribirse é preciso presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición
- Impreso cuberto da orde de domiciliación de recibos
- Autorización de captación de imaxe e son
- Autorización para usar o número de teléfono
- Copia do documento de identidade da persoa usuaria
- Copia do documento de identidade da persoa titular da conta
- De ser o caso, informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial
Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase a lista provisional de persoas admitidas e darase un prazo de 10 días para presentar alegacións. Os horarios das distintas especialidades seranlles comunicados polos mestres das mesmas ás persoas usuarias e ás familias unha vez realizadas as inscricións e publicada a lista definitiva de admitidos.
Os formularios de inscrición poden descargarse nos documentos adxuntos, así como as bases reguladoras da Escola Municipal de Música da Baña publicadas no BOP.
O financiamento da Escola de Música da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1340
2 de outubro de 2023
O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de persoas admitidas na Escola de Música Tradicional para o curso 2023-2024.
A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón.
12 de setembro de 2023
A Escola de Música Tradicional abre este mércores, 13 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2023-2024. As persoas interesadas deberán cubrir os formularios que se atopan na páxina web e formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello da Baña ou presencialmente no departamento de Educación e Cultura. As especialidades que se impartirán, sempre que haxa un mínimo de cinco persoas apuntadas, son as de gaita, percusión, pandeireta e canto. A maiores, o alumnado poderá cursar solfexo, disciplina complementaria de calquera das anteriores sen custo ningún. Por cada un dos instrumentos pagarase por todo o curso un total de 30 euros.
As solicitudes deben achegar, debidamente cubertos, a ficha de inscrición, a autorización de captación de imaxe e son, a autorización para usar o número de teléfono, o xustificante bancario do pagamento, a copia do documento de identidade da persoa usuaria e, de ser o caso, informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial. A conta para facer o pagamento é a do Concello no Banco Santander: ES26 0238 8191 8806 6000 1061.
Os formularios e as bases de funcionamento da Escola de Música Tradicional, publicadas no BOP, pódense descargar nos documentos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1120
Dende este sábado 26 de agosto poderase formalizar na sede electrónica do concello e dende o luns de xeito presencial
O custo mensual será de 24,20 euros e o trimestral de 72,60 no caso das persoas empadroadas na Baña
O Concello da Baña inicia o período de inscrición na Escola Municipal de Teatro, un servizo que impartirá nocións básicas e medias de arte escénica para a veciñanza a partir dos 3 anos e que se desenvolverá nos meses propios do curso escolar, en horario de tarde con Xan Martínez como profesor.
Esta actividade pretende enriquecer e contribuír a promoción cultural da veciñanza, así coma o desenvolvemento integral e artístico das persoas usuarias dando prioridade á hora da inscrición aos solicitantes menores de idade, a partir dos 3 anos, empadroados na Baña.
A inscrición poderá formalizarse dende hoxe, sábado 26 de agosto, na sede electrónica do concello, e, de xeito presencial na casa consistorial, a partir do luns día 28. O período inicial de matrícula é de 10 días hábiles. No suposto de que, transcorrido este período, queden prazas vacantes calquera persoa interesada que cumpra cos requisitos e presente a documentación requirida nas bases, poderá inscribirse e solicitar a súa participación na Escola de Teatro.
As solicitudes deberán incluír: ficha de inscrición; impreso cuberto da orde de domiciliación de recibos; autorización de captación de imaxe e son así como do uso do número de teléfono; e copias do DNI da persoa usuaria e da persoa titular da conta. As solicitudes de menores de idade deberán ser asinadas pola nai, pai ou titor/a legal do menor. Os formularios pódense descargar nos arquivos adxuntos
As clases desenvolveranse en horario de tarde, durante o curso escolar, quedando pendente de fixar o horario ata que remate o prazo de matrícula e se forme grupo. As clases serán impartidas por Xan Martínez.
A Escola Municipal de Teatro terá unha custo mensual de 24,20 euros e trimestral de 72,60 no caso das persoas empadroadas no Concello da Baña. As persoas de fora do municipio deberán aboar 48,40 como importe mensual e 145,20 ao trimestre.
A Escola Municipal de Teatro botou a andar o pasado mes de decembro coincidindo co trinta aniversario da fundación da escola de teatro bañense Berenguela, que chegou a ser coñecida en toda Galicia tanto pola formación de intérpretes como pola posta en escena de obras de moi diversa índole.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1268
6 de setembro de 2023
O Concello da Baña publica a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de alumnado admitido no programa de madrugadores do CPI San Vicente para o curso 2023-2024. A listaxe pode consultarse nesta ligazón e en arquivo adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 833
-
Ao espectáculo, de entrada libre, asistiron os sesenta nenos e nenas que participan no campamento de conciliación
-
Baños na piscina, xogos tradicionais, gimkanas e varias festas inclúense nun programa centrado no respecto ao medio ambiente
O espectáculo Peque Disco Moc Moc animou este mediodía a toda a rapazada que se achegou á área recreativa de Agra de Chans. Nenas e nenos, na súa maioría participantes no campamento de conciliación municipal, cantaron, bailaron, fixeron coreografías e desfrutaron con Mere Clown de números de acrobacias e malabares con lume.
A actuación, aínda que de entrada libre, foi unha máis das propostas das que nestes días poden gozar as rapazas e rapaces do campamento de verán, que cubriron as sesenta prazas dispoñibles tanto nas dúas quendas quincenais de xullo (entre o 3 e o 28 de xullo) como nesta primeira de agosto (do 31 de xullo ao 11 de agosto).
Coas miras postas na Axenda 2023 para o Desenvolvemento Sostible, a cativada desenvolve nestes días múltiples actividades lúdicas e culturais vencelladas á educación ambiental. Fixeron, así, obradoiros de reciclaxe, pero tamén puideron gozar de baños na piscina, gimkanas ou xogos tradicionais. Tiveron tamén un grande éxito a festa da auga, a festa holi e os inchables.
O campamento municipal de conciliación prosegue ata o 8 de setembro.