- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1135
-
Quedan prazas en tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez
-
Baile moderno ten completo o aforo e zumba non acadou o mínimo de participantes
-
As clases de patinaxe desenvolveranse finalmente martes e xoves
As Escolas Deportivas da Baña pecharán o prazo de inscrición para o curso 2020/2021 o día 30 de outubro. Agora mesmo xa non se pode solicitar baile moderno por ter completo o aforo e hai que subliñar tamén que non se oferta zumba porque non chegou ao mínimo de inscritos para facer grupo.
Ademais, cambian os días das clases de patinaxe artística se ben manteñen o horario. Así, faranse martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas.
As actividades aínda con prazas son tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez (esta última de forma online) e a inscrición pode facerse de tres xeitos diferentes: na sede electrónica do Concello da Baña, na Concellaría de Deportes ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os formularios que hai que remitir son a ficha de inscrición, a domiciliación bancaria e unha declaración responsable por causa da covid-19.
O prezo de cada actividade (agás xadrez), con dúas clases á semana, é de 60 euros para todo o curso. Se se elixen dúas ou máis, o prezo será de 90 euros.
Os formularios de inscrición pódense descargar no seguinte enlace: https://cutt.ly/YglDTea
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 2375
O Concello da Baña fai público o protocolo anti covid para as actividades das Escolas Deportivas Municipais, que ten como obxectivo limitar ao máximo posible a capacidade de transmisión da enfermidade. Este protocolo inclúe unha normativa a seguir por todos os axentes que participan directa ou indirectamente na práctica deportiva, así como os planos das instalacións (pavillón e sala CPI) que regulan os fluxos de circulación das persoas e a ubicación dos diferentes elementos.
Na normativa de protección establecida figura a condición de non compartir material con carácter xeral (ou desinfectalo se é preciso compartilo), deixar os efectos persoais nos espazos habilitados para tal finalidade, realizar unha medición de temperatura antes de comezar a actividade, limpar as mans con hidroxel tanto á entrada como á saída e garantir o mantemento da distancia interpersoal de seguridade e a utilización de máscara. O uso dos vestiarios non está permitido, como tampouco a asistencia de público aos adestramentos ou ás clases.
O protocolo anexo nesta nova detalla polo miúdo as disposicións a adoptar en cada momento tanto por parte do monitorado como das familias ou dos propios deportistas. Inclúe as medidas de desinfección e limpeza de superficies e do material. Tamén se refire á declaración responsable que hai que entregar asinada coa aceptación das condicións de participación, obriga de información e consentimento informado para participar na actividade e explica os pasos a seguir no caso de presentar sintomatoloxía do virus covid 19. Por último, remarca que no caso de xurdir algún gromo nalgunha das instalacións ou actividades, automaticamente se cesará o uso da mesma e contactarase coa autoridade competente para cumprir as súas indicacións.
Inscrición e comezo da actividade
O 5 de outubro ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello da Baña para o presente curso 2020/2021. As modalidades que se ofrecen este ano son patinaxe artística, tenis de mesa, karate, pilates, baile moderno, zumba, expresión corporal e xadrez. O prezo de cada actividade (agás xadrez), con dúas clases á semana, é de 60 euros para todo o curso. Se se elixen dúas ou máis, o prezo será de 90 euros.
As clases darán comezo o martes 13 de outubro, trala festividade do Pilar. Nesa semana, entre os días 13 e 16, faranse xornadas de portas abertas para que todas as persoas que o desexen poidan asistir e ver como se desenvolven as distintas actividades.
A inscrición pode facerse a partir de hoxe de tres xeitos diferentes: na sede electrónica do Concello da Baña, na Concellaría de Deportes ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os formularios que hai que remitir son a ficha de inscrición, a domiciliación bancaria e unha declaración responsable por causa da covid-19. Cabe ter en conta que é preciso contar cun número mínimo de inscritos para a realización das actividades e tamén que as prazas son limitadas.
As actividades desenvolveranse polas tardes no pavillón de San Vicenzo e no ximnasio do colexio da Baña. Concretamente, o polideportivo acollerá patinaxe artística (luns e venres de 17:00 a 18:00 horas) e expresión corporal (martes e xoves de 15:45 a 16:45). Pola súa parte, no CEIP da Baña daranse as clases de baile moderno (martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas), tenis de mesa (luns e venres de 17:00 a 18:00 horas), karate (martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas), zumba (luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas) e pilates (martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas). Xadrez farase en liña en horarios aínda por determinar.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1346
-
A organización suspende a proba prevista para outubro para evitar riscos sanitarios
-
Agradecen a implicación de atletas, patrocinadores e voluntarios
O CMP Trail da Baña, previsto para outubro, non se vai celebrar este ano. O Concello e GTraM Val de Barcala, organizadores da proba, decidiron cancelar a quinta edición para non poñer en perigo a saúde de atletas, voluntarios e patrocinadores ante a situación que estamos a vivir provocada pola pandemia da COVID-19. A organización tomou esta decisión despois de reflexionar e manter varias reunións virtuais.
Ante a situación sanitaria, despois de case dous meses de confinamento, a organización entende que, aínda que dolorosa, esta é a mellor decisión para non poñer en risco ningunha das persoas participantes nin dos estamentos que inflúen no CMP Trail da Baña.
Aínda que ata o mes de outubro falta tempo, a organización recoñece que durante o desenvolvemento da proba en case ningún momento pode garantir as normas máis básicas de distancia entre participantes nin evitar aglomeracións para protexer e velar pola saúde dos corredores e corredoras.
A organización agradece o esforzo dos patrocinadores do CMP Trail e manifesta o seu máis profundo respecto pola situación que están a pasar, moitos deles cos negocios paralizados dende hai case dous meses. Tamén recoñece o traballo e o importante labor que fan as persoas voluntarias que colaboran co CMP Trail.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1220
O Concello da Baña abre mañá, 1 de xullo, a piscina municipal, que terá aforo limitado e todas as medidas fixadas polas autoridades sanitarias para evitar a propagación da covid-19. A instalación permanecerá aberta de 15.30 a 21.00 horas durante os meses de xullo e agosto, e de 15.30 a 20.30 entre os días 1 ao 15 de setembro.
A abono familiar por mes custa 45 euros (25 € o individual), e 2 euros o pase diario. O abono por quince días custa 15 euros e o curso de natación 30 euros. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto á piscina.
Na piscina é obrigatorio o uso de gorro e chancletas, así como asegurar o distanciamento social, para o que se dividiron os espazos. Durante toda a temporada, extremaranse as medidas de hixiene na instalación.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1441
Mozos e mozas xadrecistas da Baña, Negreira e Portomouro conformaron o equipo que se alzou coa vitoria no I Torneo Provincial de Xogade de Xadrez, celebrado a través de Internet o pasado sábado 18 de abril. O equipo Xadrez Negreira, no que participaban os veciños da Baña Sergio, Noel e Álvaro, logrou o primeiro posto na categoría Sub 10.
Arredor de 150 nenos e nenas da provincia da Coruña participaron neste torneo en liña provincial en dúas categorías, Sub 10 e Sub 14. A primeira das modalidades disputouse nunha fase única o sábado 18 de marzo, mentres que a Sub 14 tivo unha primeira fase na mesma data e unha fase final o domingo 19, na que se enfrontaron de maneira directa os primeiros catro clasificados.
No cadro de resultados da categoría Sub 10 cómpre destacar o papel do equipo Xadrez Negreira, que con 117 puntos logrou o primeiro posto; seguido polo Círculo Xadrez Narón Sub 10, con 78 puntos; e en terceiro lugar polo Peleteiro Sub 10 e a Escola de Xadrez Brétema, igualados con 68 puntos. A nivel individual sobresaen os 50 puntos acadados por TREX-2010 (Narón), os 42 de Nico-Amado (Negreira), os 30 de Gaelinho (Bertamiráns) e os 30 de HugoDB (Negreira).
Mentres, o podio da categoría Sub 14 conformárono, por esta orde, os equipos Brétema, E.X. Compostela, USC e Bertamiráns. A nivel individual, na primeira fase desta categoría destacan os 36 puntos de Davidbrétema (Brétema), os 34 de Melonovich (USC), os 32 de Hugodomínguez (Bertamiráns), os 32 de Tonxadrez (USC), os 32 de Noelberta (Bertamiráns) e os 30 de NeryCereijo (E. X. Compostela).
O torneo disputouse a través da páxina web lichess.org que, aínda que é gratuíta, precisa inscrición previa.
O profesor e árbitro de xadrez Alberto Dios explica neste enlace os pasos que hai que seguir para inscribirse en lichess: https://1drv.ms/u/s!AgYCZZORv_pNg0VQ_dlYfFus1kdT
Cada sábado hai un novo torneo de xadrez. Así, o vindeiro 2 de maio a cita é co NEGREIRA Arena, ao que se pode acceder neste enlace: https://lichess.org/tournament/29SxWzl4