- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1622
O Concello da Baña organiza este sábado 11 de xaneiro un acto de recoñecemento ao duro traballo de Alba Pérez, Carla Montoiro e Nicolás Carnota, mellores deportistas do ano 2019. A casa da cultura acollerá este acto homenaxe a partir das 13.00 horas, no que se entregará uns diplomas á atleta, á ciclista e ao karateka.
Alba Pérez, de 17 ano e membro da selección galega de marcha, alzouse como campioa galega sub-18 en 5000 marcha na tempada 2018/2019. Pero ese non foi o seu único logro, xa que conseguiu un 3º posto no XXXVI Campionato de Galicia de Clubes sub-20 e no XXX Campionato de Galicia de Marcha en Ruta. Ademais, Pérez participou en probas de nivel nacional coma o 87º Campionato de España de Marcha en Ruta e o IX Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción con moi bos resultados.
Para Nicolás Carnota o tatami é o seu terreo. Con só 10 anos, este karateka xa conta con logros o de Mellor Deportista do ano para a Federación Galega de Karate e no seu palmarés conta co título de Campión Galego de Kumite Infantil Masculino +45 kg, subcampión no Ranking Nacional e cun ouro na Fase Final da Liga Nacional Infantil, entre outros podios nesta competición.
No caso de Carla Montoiro, ser a campioa galega de contrarreloxo individual e en regularidade, con 13 victorias e 5 segundos postos, e a subcampioa do Open de Galicia e de fondo en carretera son algúns dos méritos que a levaron a ser unha das deportistas do Concello da Baña no 2019 con tan só 16 anos.
Con todo este éxito, estes rapaces bañenses están a deixar o Concello en moi bo lugar e sobre todo, a demostrar que o futuro do deporte galego e nacional é deles.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 964
O Concello da Baña decidiu suspender a Andaina Solidaria programada para maná, domingo 22 de decembro, debido a alerta por mal tempo.
Todas as persoas que desexen colaborar co Banco de Alimentos da Coruña poden depositar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene no Departamento de Servizos Sociais do Concello durante toda a semana. Haberá un lugar habilitado para a sua recollida.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1504
A alumna do CPI San Vicente da Baña Noelia Carnota foi esta mañá a mellor na categoría cadete na fase comarcal do Campionato escolar de Campo a través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello da Baña. Noelia Carnota conseguiu unha praza na fase intercomarcal que se vai celebrar no mes de xaneiro en Noia.
Esta mañá na Baña déronse cita algo máis de 700 alumnos de catro categorías, de benxamín ata cadete, tanto masculinas como femininas, que estiveron correndo nas inmediacións do CPI San Vicente nun circuíto habilitado para estas probas.
Nesta fase comarcal conseguían praza para a intercomarcal de Noia os tres primeiros atletas en cada categoría e os dous primeiros equipos. No caso da Baña, só Noelia Carnota conseguiu clasificarse.
A concelleira de Cultura e Deportes, Mónica González, foi quen lles entregou as medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1327
-
Os participantes deberán achegar produtos alimentarios non perecedoiros ou de hixiene persoal.
-
No departamento de Servizos Sociais do Concello está habilitado un punto de recollida para todas as persoas que desexen colaborar.
-
Formulario de inscrición neste enlace (preme aquí).
O Concello da Baña organiza este domingo, 22 de decembro, a primeira edición da Andaina Solidaria, unha iniciativa para colaborar co Banco de Alimentos da Coruña. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente e deberán achegar algún produto alimentario non perecedoiro ou de hixiene personal.
A saída da andaina darase ás 10.00 horas dende a Praza do Concello. Trátase dunha proba non competitiva e de dificultade baixa, na que os participantes percorrerán 5,5 km por diferentes lugares do municipio.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Concello da Baña, no teléfono669 368 413 ou no formulario en liña que se atopa neste enlace (preme aquí).
Todas as persoas que desexen colaborar co Banco de Alimentos e non teñan previsto participar nesta andaina pódense achegar ata o departamento de Servizos Sociais, na casa consistorial, onde estará habilitado un espazo para depositar alí alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Deportes
- Visitas: 1332
A Deputación da Coruña organiza un ano máis unha excursión á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para que os rapaces e rapazas de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020) fagan esquí entre os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro de 2020.
O Concello da Baña conta con 3 prazas para esta campaña de inverno. De haber máis solicitudes que prazas unha vez rematado o prazo de inscrición, levarase a cabo un sorteo público diante do secretario, no que terá preferencia a rapazada que non fose a ninguna campaña de neve da Deputación.
O prezo da excursión é de 85 euros por persoa, que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
A inscrición farase no Concello da Baña ata o 4 de decembro de 2019 entregando a folla correspondente á preiscrición.
Para máis información, visita a páxina web da sección de Deportes da Deputación da Coruña.