20181217 Festival Nadal Escola Musica ABaña web 2Numerosos familiares e amigos encheron onte o auditorio da Escola de Música Municipal da Baña durante o Festival de Nadal, no que o alumnado puido demostrar os coñecementos adquiridos neste primeiro trimestre de curso. Nas máis de trinta actuacións tiveron un especial protagonismo as panxoliñas e os temas clásicos destas datas como Blanca Navidad, Noche de Paz ou Jingle Bells.

No concerto, que durou unha hora e media aproximadamente, houbo interpretacións individuais e grupais. Ademais de temas que contaxiaron o ambiente do Nadal entre o público asistente, na sala soaron tamén os acordes de temas clásicos, como o Himno da alegría, e repertorio moderno, como as bandas sonoras de Titanic ou Braveheart.

A Escola Municipal de Música da Baña conta na actualidade con 53 alumnos e alumnas de todas as idades, distribuídos nas especialidades instrumentais de piano, acordeón, guitarra española e eléctrica, baixo eléctrico, batería, clarinete, trompeta, saxofón e frauta traveseira. O corpo docente, formado por sete profesionais, está dirixido por Ramón Leis.

Podes ver máis fotos do concerto neste album no Facebook do Concello.

20181214 ALI3305

 

O Nadal máis musical chega á Baña da man do alumnado da Escola Municipal de Música. As instalacións da escola acollerán o vindeiro luns 17 de decembro ás cinco e media da tarde o xa tradicional concerto de Nadal. No festival ofreceranse 31 actuacións en directo nas que haberá panxoliñas, música clásica, tamén repertorio moderno como bandas sonoras de películas e ata un pouco de jazz. Temas clásicos destas datas como Blanca Navidad, Noche de Paz ou Jingle Bells serán os encargados de contaxiar o ambiente do Nadal ao público asistente, que tamén poderá gozar con temas como o Himno da alegría, a banda sonora de Titanic ou Braveheart.

No concerto, que durará unha hora e media aproximadamente, haberá interpretacións individuais e en grupo, nas que o alumnado da Escola Municipal poderán interactuar uns cos outros facendo representacións máis interesantes e un festival máis ameno para todo o público convidado.

A Escola Municipal de Música da Baña conta con 53 alumnos e 7 profesores e ofrece clases de piano, acordeón, guitarra española e eléctrica, baixo eléctrico, batería, clarinete, trompeta, saxofón e frauta traveseira.

NON XUNTA solo

20181121 cartel 25NO Concello da Baña celebrará este domingo o Día Mundial contra a Violencia de Xénero con actos para público de todas as idades no centro social e da terceira idade. Obradoiros para os máis novos, teatro, un magosto e un photocall contra a violencia de xénero desenvolveranse a partir das cinco da tarde.

O acto principal será unha concentración de quince minutos na praza do concello en repulsa contra a violencia de xénero na que participarán representantes da Corporación municipal e veciñanza a partir das 17.45 horas.

Antes do acto central desenvolveranse os obradoiros infantís (17.00 horas). A xornada rematará cun magosto que comezará ás sete da tarde. Os asistentes poderán degustar castañas e facerse fotografías no photocall contra a violencia de xénero.

Coincidindo con esta conmemoración, o Concello da Baña programou unha obra de teatro, dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A partir das seis da tarde, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei representarán ‘Falar sen cancelas’.

20181125 contra violencia xenero

 

Veciñas e veciños da Baña sumáronse onte á concentración para Romper coa espiral da violencia de xénero e animáronse a facerse fotos con carteis alusivos ao lema promovido polo Concello e en defensa das mulleres. O acto, previsto inicialmente na praza do concello, trasladouse ao centro social debido ao mal tempo.

Aquí, dende o alcalde, ata concelleiros e concelleiras da Corporación, veciños e veciñas fixéronse fotos diante do mural con mensaxes alusivos ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que tiñan como nexo común o rexeitamento á normalizar a violencia contra as mulleres.

Un rotundo NON aos piropos ofensivos, aos insultos, á violencia psicolóxica, ao control desmesurado sobre as mulleres, aos desprezos, ás agresións física foron algunhas das mensaxes que se podían ler nos carteis. Todos os veciños e veciñas da Baña están en contra de normalizar a violencia contra as mulleres e así o manifestado neste acto promovido dende o Concello.

A actividade coincidiu con talleres para os máis novos e un magosto contra a violencia, que permitiu a todos os asistentes degustar castañas.

Coincidindo con esta celebración, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei representaron a obra de teatro ‘Falar sen cancelas’, que fixo rir a pequenos e maiores. A obra forma parte da Rede Cultural da Deputación.

Pódese ver un album de fotografías no facebook do Concello da Baña (preme neste enlace).

20181125 teatro

 03 20181117 ALI8314

 

Alcaldes, concelleiros ou representantes de entidades de sete países europeos asinaron esta mañá no pazo de Cores, na Baña, o documento de irmandamento polo que se comprometen a seguir estreitando vínculos para “avanzar na construcción da Europa dos cidadáns”. O Concello da Baña foi o municipio anfitrión e quen presentou o programa que foi aprobado pola Unión Europea coa finalidade de “unir pobos e cidades”, como recoñeceu na súa intervención o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, unha unión que, engadiu, servirá “tamén para erradicar a lacra da violencia de xénero”.

Nesta iniciativa participaron os concellos da Baña, Pinhel (Portugal), Fodachelli Fantina (Sicilia-Italia), Saint Vincent (Italia), Holloko (Hungría), Raunas (Letonia) e a Fundación of Pi Porlith (Lituania) e a Asociación Iran (Eslovaquia). No acto de onte estaban tamén presentes os alcaldes e alcaldesas de Santa Comba, Melide, A Laracha e Rodeiro, e concelleiros da Corua, Boqueixón, Negreira e Teo, a demáis da deputada provincial Mariel Padín.

A vicealcaldesa do concello de Pinhel, Daniela Capela, destacou na súa intervención en español e inglés “a importancia de que a globalización non sexa só económica, senón tamén das persoas, para o que é preciso coñecernos todos un pouco máis”.

O programa Europa para os Cidadáns pretende reforzar os lazos culturais entre veciños de pozos e cidades europeas a través da convivencia e o coñecemento recíproco. É unha aposta decidida da Comisión Europea para unir pobos e establecer lazos de diálogo para a cooperación en materia de xuventude, cultura e economía. Dende o ano 2014 participaron neste programa os concellos galegos da Baña, A Laracha, Padrón, Curtis, Santa Comba e Dodro, convertendo a Galicia nunha das comunicades autónomas máis activas neste programa.

As delegacións dos seis países, que levan na Baña dende o pasado martes, día 13, e que marcharán mañá, domingo, visitaron o Parlamento de Galicia, a Dirección Xeral de Xuventude, a Deputación da Coruña, o Ézaro e Fisterra (en costa da Morte), A Coruña e Santiago.

Nas intervencións, varios dos participantes agradeceron o traballo realizado por Cristina Pazos e Rocío Fraga (redactoras do proxecto aprobado ao Concello da Baña), así coo de José Manuel Neira, un dos grandes promotores dos intercambios europeos da Dirección Xeral de Xuventude.

Ao remate do acto protocolario, as diferentes delegacións intercambiaron regalos institucionais de recordo e participaron nun xantar no que cada unha delas aportou pratos típicos dos seus país. As filloas da Pedra da Baña foron tamén protagonistas nesta ocasión, ao igual que As Pandeireteiras da Baña, que amenizaron o acto con música tradicional galega.

El proyecto «Intercultural coexistence, strength Europe» ha sido financiado por la Unión Europea en el marco del programa "Europa con los ciudadanos"

Europa con los ciudadanos

 

Album de toso no Facebook do Concello da Baña (preme neste enlace)

 02 Publico AsistentesALI8327

 

Attachments:
Download this file (TEMPLATE A BAÑA OK.pdf)El proyecto «Intercultural coexistence, strength Europe» ha sido financiado por [El proyecto «Intercultural coexistence, strength Europe» ha sido financiado por la Unión Europea en el marco del programa "Europa con los ciudadanos"]85 kB