O Concello da Baña abre unha consulta cidadá previa á aprobación dunha ordenanza municipal de ruídos
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 720
O equipo de goberno do Concello da Baña ten a intención de aprobar á maior brevidade posible unha ordenanza de ruídos coa fin de protexer tanto ás persoas como aos bens dos danos ocasionados polas agresións acústicas dentro dos límites do municipio para salvagardar a saúde e a calidade de vida da veciñanza, ademais de preservar o medio ambiente.
A noma mormativa implicará que o Concello levará a cabo as accións que estime pertinentes para facer cumprir a ordenanza, mandará facer as inspeccións que sexan precisas, esixirá a adopción das medidas preventivas necesarias así como as correctoras no caso de incumprimento e aplicará as sancións que se determinen.
Pensando na redacción desta ordenanza e co desexo do equipo de goberno de facilitar a participación cidadá, as persoas e organizacións potencialmente susceptibles de ser afectadas pola pola futura norma poderán aportar por escrito as súas suxestións e opinións a través da sede electrónica do Concello da Baña. As aportacións realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2023/G013/000002.
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza municipal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 3667
22 de maio de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía co decreto de aprobación da relación de persoas aprobadas e o requirimiento de documentación nos procesos selectivos de persoal laboral fixo da OPE extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña.
A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón.
5 de maio de 2023
O tribunal cualificador fai públicas as valoracións definitivas das persoas participantes nos distintos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña, así como a proposta dos correspondentes nomeamentos. Os procesos afectan ás prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsable da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de atención á infancia, tractoristas operarios e auxiliares do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón.
18 de abril de 2023
Os tribunais cualificadores fan públicas as valoracións provisionais das persoas candidatas ás prazas da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña.
Establécese un prazo de 10 días hábiles para reclamacións, a contar desde o día seguinte á publicación dos resultados no taboleiro sede do Concello da Baña.
Convócase para o día 4 de maio ás 10:00 horas na casa do concello ás persoas que teñen que realizar a proba de galego correspondente á praza que non a acreditaran en prazo.
As actas coas valoracións provisionais das persoas candidatas poden consultarse nos arquivos adxuntos.
27 de marzo de 2023
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña. Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador destes procesos selectivos.
As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de antención á infancia, tractoristas operarios, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
9 de febreiro de 2023
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes provisional de persoas admitidas e excluídas nos diferentes procesos seleccionavos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilizació do emprego temporal no Concello da Baña.
As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de animador cultural, condutor de servizos sociais, limpiador, profesor de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos do colexio e do polideportivo; técnico de antención á infancia, tractoristas, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
23 de decembro de 2022
Faise público o anuncio da resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE) das bases específicas para os procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do BOE.
O anuncio do BOE pode consultarse neste enlace ou no documento adxunto.
13 de decembro de 2022
O Boletín Oficial da Provincia publica o decreto de aprobación das bases específicas e convocatorias dos procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022.
O decreto pode consultarse neste enlace do BOP ou no documento adxunto.
16 de maio de 2022
Faise público o decreto de de aprobación da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2002, así como as bases xerais que rexerán as convocatorias específicas.
O decreto da convocatoria e as bases xerais que regularán os procesos selectivos poden consultarse no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1531
17 de outubro de 2022
Fanse públicos os resultados totais definitivos das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
13 de outubro de 2022
Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas canidatas ao posto de mestre/a na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace. Ábrese ata o luns 17 de outubro un prazo de reclamacións, que poden ser presentadas nos rexistros dos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba ou Val do Dubra.
7 de outubro de 2022
Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
3 de outubro de 2022
Fanse públicos os resultados totais definitivos para o posto de mestre na especialidade de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
28 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
27 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados da proba escrita e a entrevista das persoas preseleccionadas para o posto de mestre docente de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
16 de setembro de 2022
Tras a publicación no día 13 de setembro de 2022 da listaxe provisional, fanse públicos os resultados definitivos na selección do cadro directivo para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode descargarse nos arquivos adxuntos ou neste enlace.
14 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados definitivos de selección do alumnado para o obradoiro de emprego dual Reacciona no concello de Santa Comba. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.
13 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados definitivos para a selección do alumnado que participará no Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos ou neste enlace.
13 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas candidatas a levar a dirección do Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode consultarse na listaxe de arquivos adxuntos neste enlace.
12 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados da proba escrita dos e das candidatas para postos de dirección, titoría, mestrazgo e persoal de apoio para o Obradoiro Dual Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto ou neste enlace.
9 de setembro de 2022
Fanse públicas as valoracións provisionais dos candidatos e candidatas a alumnado do Obradoiro Dual Reacciona en A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. O prazo de reclamacións está aberto ata as 14.00 horas do 13 de setembro. Podes consultar o documento nos arquivos adxuntos.
7 de setembro de 2022
Fanse públicos os baremos dos e das candidatas a ser alumnado do Obradoiro Reacciona. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.
6 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.
Os resultados das persoas aspirantes dos concellos de Santa Comba e Val do Dubra poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.
5 de setembro de 2022
Fanse públicos os resultados da proba escrita e da entrevista das persoas preseleccionadas como alumnado-traballador para o obradoiro de emprego dual 'Reacciona', promovido polo concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra.
Os resultados das persoas aspirantes dos concellos da Baña e Negreira poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.
12 de agosto de 2022
A limpeza das beirarrúas de Carballeira, San Vicenzo ou Vilar da Torre, o mantemento do xardín comestible de Agra da rúa Tedelle, o axardinamento de San Vicenzo e o acondicionamento das áreas de Chans, Chousa ou Fiopáns serán algúns dos traballos que acometa o alumnado do novo programa de emprego dual Reacciona, que promove o Concello de Santa Comba en convenio co da Baña e os de Negreira e Val do Dubra. Cada un deles aportará un total de cinco persoas participantes maiores de 18 anos que deberán estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.
A metade do alumnado seleccionado, un total de dez persoas, formaranse na especialidade Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os outros dez dedicaranse a Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. As persoas que queiran optar a ser preseleccionadas para participar no obradoiro deberán estar apuntadas como demandantes de emprego nos servizos de Escolas taller (código 320), Casas de oficios (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego de formación dual (370) ou ben atoparse en situación administrativa de suspensión de programas experimentais de emprego (699). O prazo para anotarse nos mesmos remata o venres 26 de agosto ás 14.00 horas. É preciso pedir cita previa na seguinte ligazón: https://emprego.xunta.es/citaprevia/.
O obradoiro Reacciona, subvencionado pola Xunta e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, terá unha duración dun ano e ten como finalidade combinar emprego e formación para mellorar a ocupabilidade de persoas maiores de idade en situación de desemprego.
As bases para a selección do alumnado traballador e o persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Reacciona poderán consultarse no arquivo adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 736
3 de maio de 2023
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que rexerán a convocatoria para a provisión urxente, polo sistema de oposición, de dous oficiais albaneis de segunda e de tres peóns de obras como persoal laboral por un período de cinco meses no Concello da Baña.
Esta convocatoria realízase ao abeiro do PEL-Concellos 2023, o programa da Deputación da Coruña de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.
O prazo para a presentación de instancias é de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio das bases no BOP, na sede electrónica municipal e no Portal de Transparencia do Concello da Baña.
As bases de ambas as convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 2230
13 de setembro de 2022
Faise público o decreto de publicación da bolsa da praza de educadora familiar do Concello da Baña unha vez resoltas polo tribunal as alegacións presentadas polas persoas interesadas. O documento pode ser consultado no arquivo adxunto.
26 de xullo de 2022
Faise pública a resolución de alcaldía pola que se aproba a bolsa de emprego do proceso selectivo para cubrir unha praza de educadora familiar do Concello da Baña, e se procede a realizar o chamamento da persoa que quedou primeira na lista.
A resolución pódese consultar no documento adxunto.
21 de xullo de 2022
Fanse públicas as actas do tribunal cualificador encargado do proceso selectivo para unha praza de educador/a familiar.
Na segunda acta figura a relación de aspirantes para conformar a bolsa de emprego para cubrir unha praza de educadora familiar
As actas pódense consultar nos arquivos adxunto.
15 de xullo de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, nomeamento de membros do tribunal e sinalamento de data, hora e lugar de realización do exame do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal para cubrir unha praza de educador/a familiar do Concello da Baña.
A resolución pódese consultar no documento adxunto.
21 de xuño de 2022
Faixe pública a resolución da alcaldía coa lista provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello da Baña.
O listado e a resolución pódense consultar no documento adxunto.
22 de marzo de 2022
Fanse públicas as bases para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello da Baña.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do mércores 23 de marzo para presentar a solicitude.
As bases, publicadas no BOP deste martes 22 de marzo, poden consultarse no arquivo adxunto.