16 de xullo de 2020

Fanse públicas as bases para a contratación dun/ha socorrista na campaña de verán 2020, ao abeiro do Programa de subvencións dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2020 da Deputación Provincial da Coruña.

O período de contratación é de dous meses e medio.

O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro martes 21 de xullo, ás 13.30 horas.

As bases pódense consultar no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20200716_Bases_contratacion_socorrista.pdf)20200716_bases_contratacion_socorrista[20200716_bases_contratacion_socorrista]141 kB

30 de xuño de 2020

Faise pública a acta da comisión seleccionadora e a proposta que esta fai á alcaldía para a contratación dun tractorista ao abeiro do programa Aprol Rural 2020, en réxime laboral temporal, por un período de 9 meses.

A acta pódese consultar no documento adxunto.

 

23 de xuño de 2020

Publícanse no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño as bases para a contratación dun tractorista ao abeiro do programa Aprol Rural 2020, en réxime laboral temporal, por un período de 9 meses. O obxecto deste contrato é o desenvolvemento do Servizo de silvicultura, biomasa, limpeza de montes e outras tarefas de valorización forestal do Concello da Baña.

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán ser desempregados/as inscritos/as na Oficina Pública de Emprego de Galicia.

As bases e o anuncio desta convocatoria pódense consultar nos documentos adxuntos.

Attachments:
Download this file (20200623_Anuncio_Tractorista_AprolRural.pdf)Anuncio de contratación dun tractorista[Anuncio de contratación dun tractorista]37 kB
Download this file (20200623_Bases_contratacion_Tractorista_AprolRural.pdf)Bases de contratación dun tractorista[Bases de contratación dun tractorista]832 kB
Download this file (20200630_acta_proposta_contratacion_Tractorista.pdf)20200630_proposta_contratacion_tractorista[20200630_proposta_contratacion_tractorista]342 kB

O Concello da Baña e o GDR Asociación Terras de Compostela organizan o vindeiro xoves, 4 de xuño, un taller sobre medidas hixiénico sanitarias fronte ao covid-19 dirixido ao sector turístico.

O curso desenvolverase na aula de formación das Escolas Vella, en San Vicenzo, de 10.00 a 12.30 horas, e emitirase un certificado de asistencia.

Só están dispoñibles 20 prazas, e os interesados deberán inscribirse nos teléfonos do Concello da Baña 981 886 777 ou 682 859 367 ou a través do enderezo electrónico da Asociación Terras de Compostela, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O curso está organizado polo Concello e o GDR Terras de Compostela, en colaboración con Agader, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a Consellería do Medio Rural e o plan Feader da Unión Europea.

Folleto A BANA webFolleto A BANA web

30 de xuño de 2020

Faise pública a proposta da alcaldía coa decisión da comisión seleccionadora de contratación dunha persoa socorridas, en réxime laboral tempora, por un período de 2 meses, segundo o programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A proposta pódese consultar no documento adxunto.

 

23 de xuño de 2020

Publícanse no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño as bases para a contratación dunha persoa traballadora como socorrista, en réxime laboral temporal, por un período de 2 meses. O obxecto deste contrato é o desenvolvemento do servizo denominado Servizo de salvamento e socorrismo do Concello da Baña, a cargo da subvención para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán ser desempregados/as inscritos/as na Oficina Pública de Emprego de Galicia.

As bases e o anuncio desta convocatoria pódense consultar nos documentos adxuntos.

Attachments:
Download this file (20200623_Anuncio_socorrista.pdf)Anuncio de contratación dunha persoa socorrista[Anuncio de contratación dunha persoa socorrista]39 kB
Download this file (20200623_Bases_socorrista.pdf)Bases de contratación dunha persoa socorrista[Bases de contratación dunha persoa socorrista]770 kB
Download this file (20200630_Proposta_contratacion_Socorrista.pdf)20200630_proposta_contratacion_socorrista[20200630_proposta_contratacion_socorrista]241 kB
  • Esta senda circular de 7,5 quilómetros percorre a zona na que vivían as personaxes que Manuel Iglesias Turnes recolle no libro

  • O propio autor lévanos no vídeo a onde vivían os protagonistas e aos lugares que frecuentaban

  • Tracks da ruta nos arquivos adxuntos a esta nova, que se pode ver tamén en Wikiloc (neste enlace)

O Concello da Baña estrea hoxe un documental sobre a Ruta literaria As rapazas de Xan, que percorre a parroquia de Cabanas amosando os lugares onde vivían as personaxes que Manuel Iglesias Turnes recolle no seu libro, do mesmo nome, editado por Xerais Narrativa en 2012. Con este vídeo, o Concello conmemora o Día das Letras Galegas 2020 e anima a veciños e visitantes a percorrer esta ruta de sendeirismo, de 7,5 quilómetros de lonxitude e unha dificultade baixa. 

“Con este vídeo amosamos algunhas das paraxes que hai en Cabanas e animamos os amantes da natureza a que, en canto poidan, veñan camiñar por esta ruta e descubrir algúns dos segredos do libro”, afirma a concelleira de Cultura da Baña, Mónica González.

O vídeo pódese na canle de Youtube do Concello da Baña. O propio autor da novela lévanos a algúns dos lugares nos que transcorre a trama de As rapazas de Xan, que narra unha historia de amor entre Manuel e Carmela que se sitúa durante os tempos da posguerra en Cabanelas (Cabanas) entre malla e malla. Manuel Iglesias Turnes amósanos no vídeo algunhas das casas de Cabanas onde vivían as personaxes (as casa do Carreiro, de Roque, de Xan de María, de Bras, de Xirome), e tamén algunhas das paraxes que se visitan durante a ruta e que son significativas na propia novela.

Dende Palleiros, comezo da ruta, pódese gozar dunha vista xeral tanto de Cabanas (Cabanelas no libro) como da agra onde transcorre a novela. Sobredochán, o agro da Xesteira (onde Abel lle pega dous tiros a Sidoro, o violador da súa irmá), o Muíño do Medio, a carballeira do igrexario, a reitoral e o campo da festa de Cabanas son outros dos lugares que se percorren durante a ruta e que se poden ver no vídeo, producido por Alicentis SL con guión de Carme Pereiro, técnica de normalización lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira.

RutaLiteraria RapazasDeXan web02

Manuel Iglesias Turnes describe na novela o complexo tecido de relacións que compoñen a vida na aldea de Cabanelas nos difíciles tempos da posguerra, marcada pola ausencia de futuro e coa emigración como unha das saídas máis favorables. O vídeo remata no monte de Pedra Longa, dende onde Xan, cheo de amargura, viu marchar para Montevideo á súa filla e á súa neta.

Conmemorar o Día das Letras Galegas 2020 destacando a obra dun autor local (Manuel Iglesias Turnes é natural de Cabanas) é un dos obxectivos desta iniciativa. Ademais, coa promoción da ruta e do vídeo, o Concello da Baña quere poñer en valor o rural como lugar de residencia, e resaltar a calidade de vida e as espectaculares paisaxes que se poden gozar nunha aldea como Cabanas. “Tempos como os que estamos a vivir axúdannos a valorar a importancia do que temos máis preto”, sinala Mónica González, quen anima a todos os amantes da natureza a facer esta ruta literaria por Cabanas. 

20200515 ruta literaria AsRapazasDeXan toponimos

O Concello da Baña ten xeolocalizada esta ruta circular, que pasa por Cabanas e Guimaráns, de 7,5 km de lonxitude e con apenas desniveis. Os tracks para facer o percorrido pódense descargar nos arquivos adxuntos.

Una vez descargado, o arquivo 'RutaRapazasXan_kml' pódese executar en Google Earth para facer a ruta. Google Earth pódese descargar neste enlace (preme aquí)

A ruta literaria As Rapazas de Xan pódese consultar tamén na aplicación Wikiloc neste enlace (preme aquí)

Attachments:
Download this file (ruta-literaria-as-rapazas-de-xan-cabanas-a-bana.gpx)Ruta_RapazasDeXan_gpx[Ruta_RapazasDeXan_gpx]27 kB
Download this file (ruta-literaria-as-rapazas-de-xan-cabanas-a-bana.kml)Ruta_RapazasDeXan_kml[Ruta_RapazasDeXan_kml]8 kB