Luns, 16 de agosto de 2021

Faise pública a resolución para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de incendios, composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada.

A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, neste enlace (preme aquí).

 

Venres, 2 de xullo de 2021

Faise pública a listaxe de admitidos, data e hora das probas para o proceso de contratación como persoal laboral temporal da brigada de incendios composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada e creación dunha bolsa de emprego.

As probas celebraranse o día 8 de xullo.

O listado pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, neste enlace (preme aquí).

 

Luns, 7 de xuño de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras para a contratación como persoal laboral temporal da brigada de incendios composta por un/ha xefe de brigada, un/ha peón condutor e tres peóns de brigada e creación dunha bolsa de emprego.

As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 7 de xuño de 2021 (preme neste enlace) e poden consultar no arquivo adxunto

Tamén se inclúe o modelo de solicitude que deben cubrir as persoas interesadas en participar no proceso.

O prazo de presentación de solilcitudes é de cindo días hábiles e remata o luns 14 de xuño (debido a que o sábado 12 é día inhábil).

 

  • Persoas desempregadas poderán formarse en atención sociosanitaria, xestión de chamadas, dinamización comunitaria ou guía de montaña

  • Inscricións ata o 3 de setembro na sede electrónica do Concello ou a Axencia de Desenvolvemento Local

20210810 cursos pel emprego sustentable 2

O proxecto PEL Emprego Sustentable, promovido pola Deputación da Coruña e financiado nun 80% polo fondo Social Europeo, desenvolverá nos vindeiros meses catro novos itinerarios formativos coa finalidade de crear emprego no ámbito rural. O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 3 de setembro.

As formacións, dirixidas a persoas desempregadas, teñen carácter gratuíto e pode solicitarse tamén unha bolsa de desprazamento. Haberá catro modalidade:

  1. Atención sociosanitaria a persoas en institucións. Terá unha duración de seis meses e impartirase en Ordes (data prevista de comezo o 17 de agosto), Cee (18 de agosto), Narón, Cambre, Culleredo e Ortigueira (13 de setembro nas catro localizacións).
  2. Xestión de chamadas de teleasistencia. Realizarase un único curso en Arteixo, con data prevista de comezo o 13 de setembro. Prolongarase catro meses.
  3. Dinamización comunitaria. Terá edicións en Ortigueira, Santa Comba e Ordes. Iniciarase o 10 de setembro e durará ao redor de 6 meses e medio.
  4. Guía por itinerarios de baixa e media montaña. Haberá un curso en Teo (con comezo o 20 de setembro) e outro en Mazaricos (27 de setembro). A duración será de 7 meses.

As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello da Baña ou presenciamente na Axencia de Desenvolvemento Local.

2 de xullo de 2021

Fanse públicos os resultados do proceso de selección, e a proposta de contratación do proceso de selección como persoal laboral temporal para unha praza de socorrista.

A acta da comisión de selección pódese consultar na sede electrónica do Conconcello da Baña, neste enlace (preme aquí).

 

 

17 de xuño de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía pola que se aproba a listaxe de persoas admitidas e excluídas para participar no proceso de selección como persoal laboral temporal para unha praza de socorrista. A lista de admitidos elévase a definitiva por non resultar ninguén excluído.

As persoas aspirantes deberán presentar a documentación requerida nas bases o 21 de xuño de 2021, no salón de plenos da casa consistorial, ás 10.00 horas.

A proba práctica realizaranse o 21 de xuño a partir das 1115 horas.

A resolución pódese consultar no documento adxunto.

  • Os traballadores por conta propia poden pedir subvencións para contratar asalariados de xeito indefinido

20210810 autonomosAs persoas desempregadas que aposten polo autoemprego e aqueloutras que, sendo autónomas, contraten persoas asalariadas de xeito indefinido poden solicitar ata o 30 de setembro as subvencións que concede a Xunta coa fin de promocionar e consolidar o emprego autónomo.

O programa de impulso do traballo autónomo consta de dúas liñas.

1. A primeira delas, para a promoción do emprego autónomo, está destinada a aquelas persoas en situación de desemprego que se establezan por conta propia e ten como fin axudalas a facerlle fronte aos gastos vencellados ao inicio da actividade laboral.

Poden acollerse a estas subvencións aquelas persoas que se deran de alta na Seguridade Social ou na mutualidade dun colexio profesional entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ámbolos días incluídos.

O importe das axudas oscilará entre os 2.000 e os 10.000 euros.

O código de procedemento é o TR341D. Accede ao programa dende esta ligazón picando aquí

2. A segunda das liñas de achegas vai dirixida ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, a través do bono contratación ou o bono formación. Inclúense as contratacións formalizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de setembro de 2021.

A contía das subvencións abrangue dende os 4.000 euros iniciais sempre que se contrate unha persoa desempregada ata os 16.250 euros para a primeira contratación indefinida ou os 22.500 euros para a segunda.

O código de procedemento é o TR349F. Accede ao programa dende esta ligazón picando aquí

As peticións deberán presentarse obrigatoriamente por medios telemáticos na sede electrónica da Xunta. Cada liña de axudas se xestiona de forma independente.

As bases da convocatoria publicáronse no DOG do 5 de agosto de 2021.

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña.

 

  • Esta moza do Seilán fala da presión que sufriu cando deixou a hostalaría para converterse en soldadora. “Tes que demostrar moitísimo máis”, di

  • “Chegáronme a dicir que non compensaba ter unha muller do metal nunha empresa porque lles faltan infraestruturas”, engade 

“As xeracións máis novas veñen con outra mentalidade, pero A Baña ten unha poboación bastante avellentada e o sentir maioritario é que unha muller que non casa e non ten fillos non é válida. É unha cuestión educativa e cultural que hai que ir cambiando”, sostén Nerea Vázquez, moza do Seilán e protagonista neste Día do Traballo do quinto vídeo da serie ‘A Baña en feminino’ coa que o Concello convida a reflexionar sobre o papel da muller e a igualdade de xénero nun municipio rural.

Nerea era consciente de que o camiño ía ser díficil cando decidiu dar o paso de deixar a hostalaría para converterse en soldadora, un oficio tradicionalmente de homes, e lembra a presión social que sentiu cando comezou a súa formación. “Se non remataba a FP, sabía que o que me ían dicir era para que me metera nisto se xa se sabía que non valía. Tes que demostrar moitísimo máis”, subliña.

Hoxe en día é técnica en soldadura e caldereiría e estuda o ciclo superior de Construcións Metálicas. “No metal -comenta- hai máis mulleres do que se pensa, pero seguimos sendo poucas e estamos moi pouco visibilizadas”. Incide así mesmo nas dificultades que se atopan as mulleres para incorporararse ao mundo laboral neste sector, “malia contar con subvencións”. “A min chegáronme a dicir que non compensaba ter unha muller nunha empresa porque lles faltan infraestruturas”, recalca.

De cara ao futuro, Nerea Vázquez estima que para conseguir a igualdade hai que incidir na educación, tanto para que mulleres e homes compartan os labores cotiáns dunha casa como para que se coñezan os traballos. Neste sentido, sinala que “o metal é un traballo limpo e fino, pero a maioría da xente descoñéceo”.

A Baña en feminino. Visibilizando a muller rural

O proxecto ‘A Baña en feminino. Visibilizando a muller rural’ consta de doce audiovisuais que se publicarán na canle de Youtube do Concello ao longo deste ano. A mestra xubilada Dolores Allo inaugurou a serie o pasado mes de xaneiro falando das súas vivencias e os avances que experimentou a sociedade nas últimas décadas de cara a acadar a igualdade. En febreiro, o protagonista foi Carlos Sande, un mozo filloeiro que reclamaba “condicións idóneas” para que as mulleres conten coas mesmas oportunidades ca os homes en todos os eidos vitais. Xa en marzo, a ex perruqueira Isabel Giraut, promotora da Asociación de Mulleres na Baña, insistía na importancia de que dende pequenos rapaces e rapazas sexan educados para asumir idénticas responsabilidades no fogar. Na mesma liña, coincidindo co Día do Libro o pasado 23 de abril, a gañadora do premio Álvaro Cunqueiro de teatro Carme Varela abogaba por liberar as mulleres da carga dos coidados.