- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 2586
O equipo de goberno do Concello da Baña está a elaborar unha ordenanza para regular a concesión de subvencións municipais, feito que pon en coñecemento da veciñanza para que cidadáns e asociacións aporten as achegas que consideren oportunas. Estas aportacións deberán facerse por escrito a través da sede electrónica do Concello da Baña, no formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2024/G013/000001.
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza municipal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 2765
-
O mercado dos luns amplía a oferta de postos e produtos
-
O Concello regala descontos na polbeira por compras superiores a 15 euros nos postos da feira e no comercio local
O Concello da Baña impulsa a renovación da súa Feira mensual, que se celebra o primeiro luns de cada mes, e pon en marcha unha campaña de promoción deste mercado. A partir do vindeiro luns 3 de xuño, a Feira presentará un maior número de postos, produtos máis variados e vantaxes para todos os visitantes.
Unha das novidades máis destacadas é a volta da polbeira, que non participaba na Feira desde había un ano. Ademais, para fomentar a participación e recompensar ás persoas asistentes, o Concello da Baña introducirá unha serie de vantaxes. Por cada gasto de 15 euros nos postos do mercado ou nos establecementos comerciais, farmacias e de hostalería da Baña, os visitantes recibirán un vale desconto de 2 euros para cambiar na polbeira. Recentemente, o Concello envioulle unha carta á veciñanza para informar desta campaña na que se incluía un vale de 2 euros, que tamén poderá ser utilizado na Pulpería Rois o luns 3 de xuño e o luns 1 de xullo.
O servizo de autobús polas parroquias continuará como de costume, con saída ás 9.00 horas de Fiopáns. O percorrido abrangue toda a zona que vai dende Fiopáns, pasando por Troitosende, Menlle, Lañas, Cabanas, O Barro e rematando na Baña. O regreso está previsto para as 13.00 horas.
O Concello tamén fai un chamamento a todas as persoas interesadas en montar o seu propio posto no mercado. “Esta é unha actividade gratuíta e a disposición de todos os veciños”, indícase na carta asinada polo alcalde da Baña, José Antonio Pereira. Para máis información sobre como participar na Feira ou obter un posto no mercado, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña.
"Cremos firmemente no espírito de colaboración e no fomento de iniciativas locais que contribúan ao desenvolvemento do noso municipio”, afirma na misiva Pereira. O alcalde remarca o compromiso do Concello coa “promoción da actividade económica na nosa comunidade ofrecendo novas oportunidades tanto aos comerciantes habituais como aos novos emprendedores locais”. O rexedor ve na Feira unha oportunidade de “fortalecer o tecido económico e social da nosa comunidade”.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 944
15 de maio de 2024
Faise público o resultado do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha tractorista como persoal laboral temporal, ao abeiro da subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural 2024), así como a conformación da lista de chamamentos para cubrir as vacantes que eventualmente puideran xurdir, ou para atender necesidades de emerxencia e imprevistos en xeral.
A resolución pode consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.
3 de maio de 2024
Faise pública a lista de persoas admitidas para a contratación dunha persoa para o posto de tractorista como persoal laboral temporal por un periodo de 9 meses no Concello da Baña, ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural)
A listaxe pode consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón
29 de abril de 2024
Fanse públicas as bases da convocatoria para a contratación dunha persoa para o posto de tractorista como persoal laboral temporal por un periodo de 9 meses no Concello da Baña, ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural).
Desenvolverá as tarefas de silvicultura, biomasa, limpeza de montes e outras tarefas de valorización forestal.
A selección dos/as traballadores/as será mediante a presentación de oferta de emprego no Servizo Público de Emprego e polo sistema de oposición.
As bases da convocatoria poden consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1002
15 de maio de 2024
Faise público o resultado do proceso selectivo para a provisión urxente, polo sistema de concurso-oposición, dun/ha peón/peoa condutor/a como persoal laboral temporal, ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL-CONCELLOS 2024), por un periodo de sete meses e cinco días, no Concello da Baña.
Así mesmo, apróbase e publícase a listaxe de persoas suplentes, coas que se formará unha bolsa de traballo para cubrir as vacantes que eventualmente puideran xurdir, ou para atender necesidades de emerxencia e imprevistos en xeral.
Concédese un prazo de dous días hábiles no que os/as aspirantes poderán presentar ante o Tribunal as reclamacións que estimen oportunas á valoración provisional.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou nesta ligazón.
3 de maio de 2024
Publícanse as listas definitivas de aspirantes admitidos/as para a provisión urxente dun/ha peón/peoa condutor/a como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.
Na mesma faise pública tamén a composición do tribunal cualificador.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
17 de abril de 2024
Publícanse as listas provisionais de aspirantes admitidos/as para a provisión urxente dun/ha peón/peoa condutor/a como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
1 de abril de 2024
Fanse públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación no Concello da Baña dun/ha peón/peoa condutor/a de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días ao abeiro do PEL (Plan de Emprego Local) 2024, da Deputación da Coruña.
No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 851
15 de maio de 2024
Faise público o resultado do proceso selectivo para a provisión urxente, polo sistema de concurso-oposición, dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal, ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL-CONCELLOS 2024), por un periodo de sete meses e cinco días, no Concello da Baña.
Así mesmo, apróbase e publícase a listaxe de persoas suplentes, coas que se formará unha bolsa de traballo para cubrir as vacantes que eventualmente puideran xurdir, ou para atender necesidades de emerxencia e imprevistos en xeral.
Concédese un prazo de dous días hábiles no que os/as aspirantes poderán presentar ante o Tribunal as reclamacións que estimen oportunas á valoración provisional.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou nesta ligazón.
3 de maio de 2024
Faise pública a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e nomeamento do tribunal para a provisión urxente dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou nesta ligazón.
17 de abril de 2024
Publícanse as listas provisionais de aspirantes admitidos/as para a provisión urxente dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
1 de abril de 2024
Fanse públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso oposición, para a contratación no Concello da Baña dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, ao abeiro do PEL (Plan de Emprego Local) 2024, da Deputación da Coruña.
No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.



