- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 689
-
Os beneficiarios das achegas teñen ata o 17 de agosto para presentar a documentación que acredite os gastos subvencionables
O Concello da Baña fai público o decreto de resolución de concesión de axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio destinadas a paliar o impacto da crise socioeconómica causada pola pandemia da Covid-19 no municipio. Cómpre subliñar que estas achegas están financiadas integramente con fondos propios do Concello da Baña e complementan as que xa outorgou o Concello atendendo á convocatoria que fixo en novembro de 2020.
A primeira liña da convocatoria contou unicamente con dúas solicitudes rexistradas. Esta liña estaba orientada a ampliar o programa PEL-Reactiva, dirixida a aquelas persoas autónomas e pemes que, cumprindo cos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, quedaron fóra por esgotamento do crédito. Ambas solicitudes foron aceptadas, polo que cada un dos solicitantes percibirá unha contía de 2.500 euros.
A segunda liña da convocatoria, destinada a paliar os efectos económicos derivados das restricións impostas polas diferentes administracións públicas, quedou deserta ao non recibirse ningunha solicitude.
Segundo recolle o decreto, os beneficiarios das axudas terán un prazo de 20 días naturais, a contar desde hoxe e ata o 17 de agosto (incluído) para presentar a documentación acreditativa dos gastos subvencionables. A xustificación presentarase na sede electrónica do Concello da Baña.
O decreto de concesión das axudas Covid a autónomos e pequenas empresas da Baña pode consultarse no seguinte enlace:
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 742
-
Os tres alcaldes reuníronse o mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade solicitando a mellora nesta e noutras vías
-
Ethel Vázquez informou que están en contratación as obras para mellorar o firme da AC-406 e da AC-546
O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, xunto co de Val do Dubra e a alcaldesa de Santa Comba, reuniuse o pasado mércores coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, para solicitar a mellora da estrada AC-406, que vai de Faílde a Paramos, facilitando así a saída da Baña cara Santa Comba e Val do Dubra. A reunión celebrouse en Santa Comba, coincidindo coa visita da conselleira para anunciar a licitación dunhas obras.
Ethel Vázquez informou que a Consellería está a tramitar o contrato para iniciar a redacción do proxecto de mellora da estrada AC-406 entre Santa Comba e Portomouro, no treito do alto do Paofito, por considerar esta como unha actuación estratéxica para os tres concellos da comarca. A mellora deste vial é unha das reivindicacións que vén mantendo o Concello da Baña dende hai anos.
Na reunión, a conselleira informou tamén de que están en contratación as obras para mellorar o firme de varios treitos das estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, que se executarán este mesmo ano e que suporán un investimento de 1,5 millóns de euros.
Con esta actuación mellorarase considerablemente as comunicacións dende A Baña con Santiago, tanto viaxando cara a Portomouro como cara a Negreira. A estrada AC-546, que comunica Negreira co cruce da Pereira, pasa, no municipio da Baña, por Corneira, Ordoeste, San Cibrán e Seoane.
Andrés García Cardeso aproveitou tamén a reunión coa conselleira para interesarse pola execución da senda peonil que unirá a saída de Negreira co Seilán. Actualmente, técnicos da empresa de enxeñería Incubed están a tomar medicións para redactar o proxecto. “A intención da Consellería é licitar as obras este mesmo ano”, explicou o alcalde da Baña tras a reunión. García Cardeso engadiu que esta obra vai permitir tamén que varias casas do municipio que se atopan neste tramoi poidan conectarse coa rede de sumidoiros.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 600
23 de xuño de 2022
Faise púbica a resolución da alcaldía para a contratación laboral temporal dun socorrista ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia.
Podes consultar a resolución no documento adxunto
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1410
12 de xullo de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía de data 28 de xuño de 2022 pola que se inicia o procedemento de declaración de nulidade do acto administrativo mediante o que se aprobaron as bases reguladores que rexen a conformación dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de persoal de encargado de obras do Concello da Baña e se suspenden os actos derivados de ditas bases.
A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto
23 de xuño de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista de aspirantes admitidos/as do proceso selectivo para a selección dunha bolsa de emprego para cubrir a praza de persoal encargado/a de obras do Concello da Baña.
A resolución pode consultarse no documento adxunto
4 de maio de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía coa aprobación da lista provisional de aspirante sadmitidos e excluídos do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.
A lista pódese consultar no documento adxunto.
22 de marzo de 2022
Fanse públicas as bases para a conformación dunha bolsa de emprego temporal destinada a cubrir unha praza de persoal de encargado/a de obras do Concello da Baña.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles a partir do mércores 23 de marzo para presentar a solicitude.
As bases, publicadas no BOP deste martes 22 de marzo, poden consultarse no arquivo adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 964
1 de xuño de 2022
Faise pública a aprobación da contratación laboral temporal dun tractorista, ao abeiro do programa AprolRural da Consellería de Emprego e Igualdade.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
16 de maio de 2022
Faise pública a resolución da Alcaldía coa aprobación da lista de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo apra a contratación dunha persoa para o posto de tractorista, como persoal laboral temporal do Concello da Baña.
Así mesmo, apróbase a data e hora de realización das probas selectivas, que serán o 25 de maio de 2022 a partir das 9.00 horas e que terán lugar na finca municipal da rúa Tedelle, s/n, 15863, A Baña.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
12 de maio de 2022
Fanse públicas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación dunha persoa para o posto de tractorista como persoal laboral temporal por un período de 9 meses no Concello da Baña, ao abeiro do programa AprolRural da Consellería de Emprego e Igualdade.