- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 4472
Luns, 21 de decembro
Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas a ocupar o posto de director/a do obradoiro dual de emprego MAIS 2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Luns, 21 de decembro
Faise pública a listaxe definitiva das persoas seleccionadas como alumnado para o obradoiro de emprego dual MAIS 2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Martes, 15 de decembro
Fanse públicas as puntuacións provisionais do baremo das persoas aspirantes como alumnado, auxiliar administrativo, mestres e dirección para o programa dual de emprego MAIS 2020.
Os documentos pódense consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 10 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas candidatas a ocupar o posto dun/ha auxiliar adminstrativo/a para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a director/a que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de pintura decorativa en construción que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a de Educación de Adultos no obradoiro de emprego dual MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Venres, 4 de decembro
Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado de Santa Comba e de Val do Dubra para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 3 de decembro
Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado da Baña e de Negreira para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 26 de novembro
Faise público o decreto de corrección dun erro e da modificación do ámbito territorial para a selección do persoal directivo, docente e
administrativo do programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.
Xoves, 26 de novembro
Faise pública a correción dun erro nas bases que rixen o proceso para selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio ao pograma dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.
Luns, 16 de novembro
As persoas maiores de 18 anos que estean desempregadas e desexen formarse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais ou en pintura decorativa en construción no obradoiro de emprego MAIS2020 formaranse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209) e outras 8 en pintura decorativa en construción (EOCB0110).
Este programa de emprego terá unha duración de 9 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Para poder participar neste obradoiro, as persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340), Outro programas de emprego formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.
Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo ata o día 24 de novembro de 2020 (incluído) solicitando cita previa na oficina de emprego Santiago Norte dende este enlace (preme aquí).
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou administrativo de apoio do obradoiro de emprego MAIS2020 tamén terán que figurar inscritas na oficina de emprego Santiago Norte solicitando esta ocupación antes do 24 de novembro. Poden solicitar cita previa a través deste enlace (preme aquí)
Para máis información sobre este proceso, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego Santiago Norte, a través do teléfono 881 867 306 ou pedindo cita previa neste enlace (preme aquí).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1241
-
O alcalde pediu unha reunión co responsable de Mobilidade da Xunta para recuperar as conexións das tardes
O Concello da Baña remitiulle hai uns días un escrito á Xunta de Galicia para reclamar máis frecuencias nos autobuses que a comunican con Santiago, logo de que a empresa concesionaria do servizo decidise hai uns meses anular os horarios de tarde por causa da covid-19 e agora se negue a recuperalos coa excusa de que vai deixar de ser adxudicataria.
O escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, vai dirixido a Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade. Nel lémbralle que A Baña só dispuña xa de cinco conexións con Santiago ao longo do día, quedando en funcionamento na actualidade únicamente dúas de ida con parada na Baña ás 7:15 horas ás 16:30, e outra de volta con parada ás 16:15 horas. Anuláronse “de maneira unilateral”, según sinala o texto, as que había á tardiña, con volta ás 20:15 horas e ida arredor das 20:30 horas, deixando á Baña incomunicada polas tardes.
A Baña é un dos concellos participantes no Plan de transporte metropolitano con Santiago de Compostela e a diminución do número de frecuencias de autobuses, recorda o alcalde, supón “privar máis de 3500 veciños do noso concello da única posibilidade de conexión coa área metropolitana”.
Logo de poñerse en contacto coa empresa concesionaria e recibir dela a resposta de que non vai reanudar os servizos, o Concello solicita unha reunión de carácter urxente co responsable de mobilidade da Xunta para solucionar a devandita problemática.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1603
- Autónomos e microempresas teñan ata o 25 de novembro para presentar a solicitude nada sede electrónica do concello
- Quen cubrira os formularios pode presentar información complementaria cubrindo correctamente o anexo 9
A Baña. 11-11-2020.- O Concello da Baña recórdalle a autónomos e microempresas a 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐚𝐧𝐞𝐱𝐨 𝐈𝐗, 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐨𝐮 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬. Este apartado do anexo IX é relevante para optar as axudas do PEL Reactiva que promove a Deputación da Coruña en colaboración co Concello.
As condicións das empresas forman parte dos criterios de valoración establecidos pola Deputación da Coruña, polo que se non están sinaladas axeitadamente non se puntuarán e reducirase a posibilidade de optar as subvencións. O anexo IX forma parte da documentación a cumprimentar, e pódese atopar na sede electrónica do Concello da Baña (neste enlace)
Entre os criterios que se valoran para ter acceso a subvención figura o de tipo de empresa, a forma xurídica da mesma, o número de mulleres contratadas, persoas con discapacidade ou menores de 30 anos, así como se se emprega o galego na realización da actividades.
As persoas que xa presentaran a documentación solicitando o PEL Reactiva e non cubriran adecuadamente o anexo IX (se esqueceran de marcar este criterios), poden presentar documentación complementaria antes do día 25 de novembro.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 25 de novembro. Sigue lendo esta nova para obter máis información sobre esta convocatoria do PEL Reactiva.
Venres: 6-11-2020
Autónomos e microempresas da Baña poden solicitar desde mañá as axudas do PEL Reactiva da Deputación
-
A axuda está destinada a costear gastos correntes, arrendamentos, seguros, subministracións, material hixiénico ou adaptación dos locais fronte á covid-19
-
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude ata o 25 de novembro na sede electrónica do Concello
Autónomos e microempresas radicadas no municipio poden solicitar a partir de mañá no Concello da Baña as subvencións incluídas no Plan PEL Reactiva 2020 para costear gastos correntes. Este programa, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento, ten como principal obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego no municipio bañés contribuíndo a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas de cara á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.
As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello da Baña (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.
O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.
Quen pode solicitar este programa de axudas
Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
- Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
- Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
- Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.
Requisitos básicos
Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:
- Ter o domicilio fiscal no Concello da Baña.
- Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello da Baña, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
- Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
- No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
- No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.
Gastos subvencionables
Con cargo a esta liñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):
- Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
- Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á covid-19
- Arrendamentos e canons
- Primas de seguros (responsabilidade civil, accidentes)
- Subministracións (auga, gas, combustibles, electricidades)
As bases da convocatoria poden atoparse nos seguintes enlaces ao Boletín Oficial da Provincia (BOP):
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/12/2020_0000005589.pdf
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/06/2020_0000007937.pdf
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 1067
Mañá (xoves 19 de novembro) ábrese o prazo para que as persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19 soliciten as axudas convocadas pola Xunta de Galicia. Poderán facelo ata o 18 de decembro.
As achegas serán de 1200 € para calquera actividade económica en xeral e incrementaranse ata os 2000 € no caso de actividades especialmente paralizadas. Entre estas atópanse o lecer nocturno, as atraccións de feria, as axencias de viaxe, o sector dos taxis, etc.
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta (preme aquí). É moi importante cubrir todos os campos obrigatorios para poder optar ás achegas.
As bases reguladoras específicanse no DOG do mércores 18 de novembro. Deixamos as ligazóns:
https://cutt.ly/lg5363R
https://cutt.ly/Tg58rpV
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visitas: 3578
27 de outubro de 2020
Faise pública a listaxe definitiva da selección dunha persoa docente en substitución doutra para docente de actividades auxiliares de mellora de montes do obradoiro dual Mellora2019.
23 de outubro de 2020
Fanse públicas as puntuacions da fase de mérito e entrevista para a selección dun docente de actividades auxiliares de mellora de montes do Obradoiro Mellora2019, para substituír ao docente que causou baixa.
As listaxe pódense consultar nos documentos adxuntos.
28 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes definitivas do alumnado e da equipa docente e directiva do obradoiro de emprego 'Mellora2019' dos concellos da Baña, Val do Dubra, Santa Comba e Negreira.
As listaxes pódense consultar nos documentos adxuntos.
23 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes coas puntuacións totais provisionais do candidatos/as a alumnado e ao equipo docente e dirección do obradoiro de emprego 'Mellora2019' dos concellos da Baña, Val do Dubra, Santa Comba e Negreira.
As cualificacións póndense consultar nos documentos adxuntos.
18 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista aos candidatos/as a alumnado da Baña e Val do Dubra do obradoiro de emprego Mellora2019.
As listaxe pódense consultar no arquivo adxunto.
17 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista aos candidatos/as a alumnado de Santa Comba e Negreira do obradoiro de emprego Mellora2019.
As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.
16 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista das prazas de mestre/a de forestais e mestre/a de carpintería do obradoiro de emprego Mellora2019.
As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.
15 de outubro de 2019
Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista das prazas de director/a, titor/a e auxiliar administrativo do obradoiro de emprego Mellora2019.
As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.
10 de outubro de 2019
Corrección de erros das bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego Mellora2019.
As correccións pódense consultar no documento adxunto.
7 de outubro de 2019
Fanse públicas as bases do obradoiro de emprego Mellora2019. O prazo de inscrición na Oficina de Emprego remata mañá, 8 de outubro de 2019, ás 14.00 horas
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
1 de outubro de 2019
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para poñer en marcha o obradoiro de emprego Mellora2019 co fin de formar 20 persoas durante nove meses.
Os módulos formativos que se van impartir son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes de nivel 1
- Instalación de elementos de carpintería de nivel 2
As persoas beneficiarias son xente maior de dezaoito anos demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, solicitantes de participación en obradoiros de emprego, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
O prazo de inscrición na Oficina de Emprego remata o martes 8 de outubro de 2019 ás 14.00 horas.
A sede do obradoiro estará no Concello de Santa Comba, que actúa como concello promotor.
As bases para seleccionar o alumnado traballador/a e persoal do 'Obradoiro Mellora 2019' pódense consultar no documento adxunto
Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña e na Oficina de Emprego de Cee.