- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 814
A Fundación Naturgy e o Concello da Baña organizan unha sesión formativa e informativa para aprender a ler e optimizar a factura da luz e gas natural e así conseguir una aforro no gasto mensual.
O taller, que forma parte da Escola de Enerxía de Fundación Naturgy, celebrarase no Centro Social e da Terceira Idade o vindeiro luns, 17 de decembro, de 11.00 a 12.30 horas.
Expertos da Fundación Naturgy impartirán esta sesión co fin de asesorar ás familias en materia de enerxía e minimizar a factura o máis posible. Recomendan que os asistentes leven a súa factura de luz e de gas (ou as dúas) para aprender a interpretala.
Como os conceptos son común en todas as facturas das diferentes empresas comercializadoras, pódese levar a factura aínda que sexa doutra compañía diferente a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 946
O alcalde da Baña quérelle aclarar a todos os veciños e veciñas que dende o Concello non se ofrece servizo de fisioterapia á veciñanza. Ata as oficinas municipais chegou a información de que hai unha empresa que está a visitar casas do municipio, indicando que dende o concello se ofrece fisioterapia gratuíta.
Ante a posibilidade de que se trate dunha estafa, o alcalde asegura que o Concello non ten asinado convenio con ningunha empresa para ofrecer o servizo de fisioterapia ou similar, polo que lle pide aos veciños e veciñas que se informen ben antes de aceptar ditos servizos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 938
Con motivo da conmemoración o 25 de novembro do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, preséntase o concurso de PINTURA MURAL QDM?, no marco da Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero QUEN DIXO MEDO? impulsada pola Deputación da Coruña.
O obxecto deste certame é empregar a pintura mural para xerar espazos que conviden á reflexión á poboación, de xeito que se muden mentalidades a través da xeración de mensaxes e imaxes claras de loita contra a violencia machista.
Poderán participar todas aquelas persoas que residan nun dos concellos participantes na campaña, entre os que está o Concello da Baña, de xeito individual ou en grupos de non máis de catro persoas. Establécense dúas categorías: adultos e menores de idade (entre 5 e 17 anos).
O prazo de admisión de deseños para o concurso será do mércores 14 de novembro ao sábado 24 de novembro, ambos incluídos.
Ademais de realizar o mural e de que a súa obra sexa difundida, o/a gañador/a de cada unha das categorías de participación recibirá como premio un IPOD TOUCH de 32 GB.
Cada participante ou grupo só poderá presentar un bosquexo orixinal e inédito, que será enviado en formato PDF, tamaño DIN A4, a cor. Así mesmo, achegarase un pequeno texto explicativo sobre as motivacións para a realización do deseño presentado e unha listaxe dos requisitos técnicos e materiais preciso para desenvolvelo, que non excederán os 100 euros e serán achegados pola organización.
A obra seleccionada realizarase nun lugar determinado con anterioridade, no Concello das/dos participantes que resulten gañadoras ou gañadores. Terá unhas dimensións aproximadas de 200x300cm, nun soporte liso e con imprimación previa en branco. O idioma que se empregará será o galego.
Podes consultar as bases completas do certame QUEN DIXO MEDO? no documento adxunto ou no enlace www.quendixomedo.gal
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 869
O Concello da Baña vai mellorar as instalacións e dotacións do Punto de Atención á Infancia (PAI) cunha achega recibida da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Cos 28.074,60 euros recibidos, o Concello vai instalar persianas, pavimentar unha zona do patio e crear unha horta medioambiental, ademais de adquirir mobiliario para o interior e unha pantalla dixital para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías aos 20 nenos e nenas de 3 meses a 3 anos que atende o centro.
O importe da axuda ascende a 28.074,60€, que se repartirá en tres bloques de actuacións:
- Destínanse 19.998,64 euros a obras menores de adecuación e mellora do centro, que inclúen a instalación de persianas nas fiestras, pavimentación dunha zona do patio, onde se colocan bancos e se crea unha horta medioambiental.
- Adquisición e mellora do equipamento para o desenvolvemento da actividade, por importe de 6.219,19 euros para comprar mobiliario de almacenamento para o baño, aseo e cociña, un forno e vixía bebés.
- Compra dunha pizarra dixital por importe de 1.856,77 euros para a integración das novas tecnoloxías na aula.
Esta axuda pública, que ascende a 28.074,60 €, está cofinanciada nun 80 % (22.459,68 €) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente. Prioridade de investimento10.5: Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais INICIO
- Visitas: 895
-
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria de concorrencia non competitiva para a que os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o 15 de decembro, tanto de xeito presencial como telemático
-
Os apoios, que van dos 250 aos 400 euros anuais, están dirixidos aos consumidores con máis dificultades e garantirán un acceso continuado a esta necesidade básica
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas complementarias ao bono social do Estado grazas ás que os consumidores máis vulnerables poderán evitar os cortes de subministración eléctrica nos seus fogares. Coa publicación desta convocatoria hoxe, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nosa Comunidade convértese na primeira en ofrece estas axudas complementarias.
Esta nova liña de apoios á que a Consellería de Economía, Emprego e Industria dedica 1,2M€ -que se ampliarán en caso de ser necesario- diríxense aos consumidores con máis dificultades. En concreto, os destinatarios son persoas residentes en Galicia e titulares dun contrato de subministración eléctrica que teñan contratada a tarifa de último recurso e sexan consumidores vulnerables severos e estean en risco de exclusión social, termo que deberá ser acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.
Os apoios, que se outorgarán por concorrencia non competitiva a todos cantos cumpran os requisitos, serán dun 50% da factura eléctrica correspondente á vivenda habitual do solicitante e terán unha contía máxima anual de 250 ou 400 euros -no caso de familias numerosas-. Esta cantidade, unida ás axudas estatais, permitirá que o beneficiario non teña que pagar pola súa factura eléctrica, garantindo o acceso continuado á subministración eléctrica e dando resposta a unha necesidade básica dos cidadáns, pois non se lles poderá cortar o servizo mentres sexan beneficiarios desta axuda autonómica.
Para facilitar o acceso a estas axudas, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes tanto de xeito presencial como telemático. Por iso, ademais de habilitarse oficinas nas catro xefaturas territoriais, en Santiago de Compostela e en Vigo, poderanse presentar no rexistro do concello no que o solicitante teña o seu domicilio.
Establécese un prazo máximo dun mes desde a presentación da solicitude ata a súa resolución, polo que unha vez que se comprobe que se cumpren os requisitos, realizarase o pago por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria directamente aos comercializadores de referencia cos que se teña asinado un protocolo de colaboración. O prazo para solicitalas remata o 15 de decembro.