• Doce remudistas participaron na iniciativa conxunta cos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos

  • Olivia Lois e Mercedes Pazos foron as remudistas máis nova e de maior idade e Carla Montoiro a que entregou o facho a Negreira

  • O manifesto institucional amosa “a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencia contra as mulleres”

  • No acto institucional participaron representantes dos tres grupos da Corporación

20191124 Camiñaras Soa 3

O Concello da Baña e a súa veciñanza manifestaron hoxe “a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres” durante a lectura do manifesto na praza do Concello coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Baña, conxuntamente cos municipios de Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos, participou levando “a luz da esperanza” polos cinco municipios nunha marcha de remudas ‘Nunca camiñarás soa”.

20191124 Camiñaras Soa 4

A concelleira Mónica González foi a primeira remudista da Baña. En Paramos recolleu o facho que lle entregaron os catro ciclistas de Val do Dubra que fixeron a última remuda neste municipio, nun punto ao que acudiu o alcalde dubrés, José Manuel  Varela. Sobre as once da mañá empezaba o percorrido de 22 km polo municipio da Baña no que participaron doce remudistas de todas as idades, entre eles Alba Pérez, que onte se proclamaba campioa galega de marcha na súa categoría. A máis veterana das participantes foi Mercedes Pazos e, a máis nova, Olivia Lois, quen levou o facho dende O Barro ata San Vicenzo, onde se leu o manifesto despois de que representantes dos tres grupos da Corporación levaran tamén a luz uns metros. David Gontán, Andrés García Cardeso e José Antonio Pereira participaron na iniciativa antes de acender o peveteiro que mantén viva a luz da esperanza para erradicar a violencia contra as mulleres.

20191124 Camiñaras Soa 1

Na Praza do Concello, nunha desapracible mañá con moita choiva e néboa e diante dun grupo de veciños e participantes na iniciativa, Mónica González leu o manifesto institucional da marcha ‘Nunca camiñarás soa” (ler manifesto íntegro neste enlace). Tras recordar que A Baña, ao igual que 125 concellos galegos, se sumou a campaña ‘En negro contra a violencia machista’ e de rexeitar todo tipo de violencia contra as mulleres, recordouse que, segundo datos oficiais, este ano en España foron asasinadas 51 mulleres. “No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: María José, Sandra, Alba e María Elena en Valga, e Mari Carmen en Vilalba. A Rabia e o desconsolo fannos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita”, dixo González Blanco en alusión as camisetas negras que portaban todos os participantes na iniciativa ‘Nunca camiñarás soa’.

“Desde os Concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos queremos reiterar neste 25 de novembro, o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance, e incluír a todas e a todos nesta loita”, indica o manifesto, no que se recorda tamén que “hai espazo para a esperanza”. Por este motivo, os cinco concellos uníronse “para levar esa luz da esperanza na ‘Marcha Nunca Camiñarás Soa’. Esta marcha nace para dar visibilidade a todas aquelas que están baixo a escuridade da violencia, para que saiban que hai unha luz, á que se poden agarrar, e que esa luz a leva moita xente, e ilumina e iluminará estes territorios”, recordou Mónica González

O manifesto incide na necesidade de apostar pola educación para erradicar a violencia de xénero, e fai mención as violacións en grupo e as sentencias que subestiman a situación de indefensión das víctimas. E  conclúe recordando: Contra a escuridade, LUZ!!. Contra a soedade, COMPAÑA! Contra a desesperación, ESPERANZA! Eso si, xuntos! Sin que ningún, nunca, camiñe soa!

20191124 Camiñaras Soa 5

Unha vez lido o manifesto, colleron o facho os dous últimos remudistas, que fixeron o tramo en bicicleta ata Ponte Maceira, onde Carla Montoiro entregou a luz a un grupo de atletas de Negreira, que continuaron coa marcha polo seu territorio.

A iniciativa rematou no Concello de Santa Comba, cun acto institucional no que participan representantes dos cinco concellos. 

album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)

20191124 Camiñaras Soa 2

 

20191122 Relevo24nABaña 2Doce mulleres e un home serán os remudistas da Baña que este domingo participarán na marcha reivindicativa por remudas que percorrerá cinco concellos para visibilizar e levar unha luz de esperanza contra a violencia de xénero. ‘Nunca Camiñarás soa’ é unha marcha non competitiva e reivindicativa, que, a través de remudas, unirá os territorios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos. Nun percorrido duns 100 km levarán ‘a luz da esperanza’ para superar a escuridade da violencia de xénero, simbolizada nun facho de lume, similar ao facho olímpico que percorría a antiga Grecia para anunciar tempos de paz para os Xogos Olímpicos.
No seu percorrido de 22,4 km polo Concello da Baña está previsto que sobre as 10.30 horas M.G.B recolla o facho en Paramos, para facer o tramo ata Cabanas, once llo entregará a M.P.L. e A.S.S. Os seguintes remudistas na Baña serán os seguintes, entre paréntese figura o tramo: A.P.C (Cabanas-Cabanas), A.P.C. (Cabanas-Lañas), D.L. (Lañas-Lañas), P.P.L. (Lañas-Lañas), A.B.S. (Lañas-O Barro), E.V. ( O Barro-O Barro), M.J.F.V. (O Barro-O Barro), A.T.B. (O Barro-A Baña), E.L.I. ( A Baña-A Baña), B. M. ( A Baña-Monte), C.M. (Monte- Portor). 
As participantes nesta marcha farán a pé (ou correndo) o tramo entre Paramos e San Vicenzo. Diante da casa consistorial, sobre as 11.30 horas (vai depender da velocidade das participantes) acenderase un peveteiro que durante o 24 e todo o día 25 vai estar nos cinco concellos alumeando a saída á violencia de xénero. Despois lerase un manifesto institucional e, ao rematar, faranse as dúas últimas remudas, neste caso en bicicleta, ata entregar o facho en Ponte Maceira, no límite co Concello de Negreira. Dende aquí continuará por este municipio e por Mazaricos, para volver a Santa Comba, onde está previsto que o facho chegue sobre as 19.00 horas diante da casa consistorial como fin da xornada.
No caso da Baña, aquelas persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán acompañar as remudas polos diferentes puntos do percorrido, e sumarse ao acto institucional na Praza do Concello.

Reunión coas remudistas o domingo

O domingo ás 09.30 horas na casa consistorial, a concelleira de Cultura, Mónica González, e persoal do Concello da Baña, manterán unha reunión coas remudistas para concretar os últimos detalles e para entregarlles as camisetas conmemorativas da iniciativa.

20191112 Cartel Ciclo Charlas alzheimerA casa da cultura de Val do Dubra acolle os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro, e o 12 e 13 de decembro, un ciclo de charlas sobre o alzhéimer e outras demencias. Estes relatorios impartidos por profesionais de Agadea, un especialsita en Neuroloxía e unha avogada, están abertos a todo o público, mais é necesaria a inscrición para asistir.

O 27 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas terá lugar a charla sobre a enfermidade do alzhéimer e outras demencias, que expoñerá juan Manuel Pias Peleteiro, facultativo especialista en Neuroloxía da EOXI de Santiago. Ao día seguinte, entre as 18.00 horas e as 20.00 h, Alba Felpete, psicóloga de Agadea, compartirá cos presentes os seus coñecementos sobre terapias non farmacolóxicas. Ademais, dará a charla do venres 29 de decembro, á mesna hora, sobre como comunicarse con persoas con demencia.

O 12 de decembro, a psicóloga de Agadea falará acerca do coidado do coidador e ao día siguiente Mercedes Blanco de la Torre, avogada, explicará algúns aspectos xurídicos e legais en persoas con demencia. Ambas as dúas en horario de 18.00 a 20.00 horas.

A inscrición farase chamando ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Val do Dubra (981 889 000), ou a Agadea (981 595 738). Nas súas oficinas poderá entregarse o formulario de inscrición que se atopa a continuación.

20191124 Marcha Nunca Camiñaras Soa A BañaOs Concellos da Baña, Santa Comba, Val do Dubra, Negreira e Mazaricos organizan unha carreira de remudas transmunicipal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Os máis de 100 remudistas que participarán na actividade portarán un facho de luz polos 100 quilómetros de percorrido que unirán os concellos co fin de simbolizar “o camiño da esperanza”. A marcha acompañarase en todos os municipios coa lectura dun manifesto a prol da erradicación deste tipo de violencia e a igualdade. A participación está aberta a toda a veciñanza maior de idade que se inscriba, e a aqueles mozos e mozas maiores de 14 anos que conten con autorización paterna. A inscrición pódese facer neste enlace.

A carreira 'Nunca Camiñarás Soa' intentará visibilizar a escuridade da violencia de xénero cunha luz de esperanza que mostre que as víctimas nunca van estar soas neste duro camiño, xa que a unidade é a chave para combatir a “escuridade da violencia”. Deste xeito, a marcha simbólica fará que máis de 100 remudistas atravesen ininterrumpidamente, durante 12 horas, “o camiño da esperanza” que une estes municipios por 100 quilómetros. Ademais, un facho de luz alumeará o percorrido ao seu paso en símbolo de que “existe unha saída desta lacra" e "en recordo das víctimas que xa non están”.

As encargadas de encabezar a carreira serán personalidades femininas galegas, que darán amparo e folgo a esta reivindicación. Ao comezo da marcha, ao chegar a cada municipio, e no remate farase unha lectura dun manifesto a prol da erradicación da violencia e da promoción do respecto entre xéneros, amenizado con músicas significativas. Ao mesmo tempo acenderase “a luz da esperanza” que permanecerá acesa en cada concello durante toda a xornada do 25 de novembro en sinal de “tregua”, como se facía nas Olimpíadas gregas para a realización dos xogos.

Quen queira formar parte do equipo de remudistas terá que ser maior de idade (ou maior de 14 anos contando con autorización paterna) e deberá inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/2qMlo2S

O Concello da Baña tamén conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa súa adhesión á acción ‘En negro pola violencia de xénero’. Dende a corporación animan a que as institucións e organizacións do municipio tamén se sumen a esta causa.

20191107 Xuntos NadalA Xunta de Galicia abre ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores de 60 ou máis anos que se atopan soas nestas datas, ben pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. A principal novidade deste ano é que se habilita como punto de destino o Complexo Residencia Xuvenil Lug II, en Lugo, que se suma así ás Residencias de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, e de Panxón, en Nigrán.

O número de prazas ofertadas mantense en 260, distribuídas do seguinte xeito: 105 na residencia do Carballiño para persoas procedentes das provincias de Ourense e Pontevedra; outras 105 no centro de Panxón para os maiores que veñan da provincia da Coruña; e 50 nas instalacións xuvenís Lug II para aqueles que sexan da provincia de Lugo. A duración do programa dará cobertura a toda a época do Nadal, ao comezar o día 23 de decembro de 2019 e rematar o día 7 de xaneiro de 2020.

Xuntos polo Nadal inclúe estancia durante 16 días (15 noites) con aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa e actividades de animación sociocultural. Tamén está contemplado tanto o desprazamento en autobús desde diversos puntos de Galicia ata o centro residencial adxudicado como o regreso. A recollida das persoas participantes efectuarase o 23 de decembro polo tarde e a volta será o día 7 de xaneiro despois do almorzo.

Infórmate sobre todos os detalles do programa na páxina web da Xunta de Galicia