20190418 Centenaria Concepcion Fiusa

 

O club de persoas centenarias conta na Baña con unha nova integrante. O pasado xoves, día 18, Visitación Fiúsa Pensado cumpría 100 anos na súa casa de Nantón, na parroquia de San Mamede, ata onde se achegaron o alcalde, Andrés García Cardeso, e máis a concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, para entregarlle un ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial como agasallo pola súa honomástica. A Asociación de Veciños Outeiro, de San Mamede, tamén se somou a celebración entregándolle outro ramo de flores.

Visitación Fiúsa vive en Nantón xunto coa súa filla e a súa neta, que estiveron anos emigradas en Brasil antes de retornar á Baña. Visitación celebrará os seus cen anos coa familia nunha festa privada os vindeiros días.

4eb0955ff37401b596b0ebfb743f 1426923

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ven de convocar axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 22 de abril, e a esta convocatoria pódense presentar as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas ao abeiro da Lei de Asociacións (Lei orgánica 1/2002), e figuren inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadores de Servicios Sociais (RUEPSS).

Toda a información para participar nesta convocatoria pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia, neste enlace (preme aquí)

20190209 centenaria Elisa Forjan Silva web

O clube de cententarios e centenarias da Baña conta dende onte cunha nova integrante. Elisa Forján Silva cumpriu cen anos na súa casa de Duomes de Abaixo, na parroquia de San Mamede do Monte. Por este motivo recibiu a visita do alcalde, Andrés García Cardeso, e da concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco, que a agasallaron cun ramo de flores e unha réplica en bronce da casa consistorial.

Elisa Forján ten cinco fillos, unha delas, María Carmen Giraut Forján, foi médico e concelleira durante varias lexislaturas na Baña, e outro retornou de Venezuela, onde estivo emigrando varios anos. Vive en Duomes coa súa filla Generosa, onde goza cos seus nove bisnetos. Elisa forma parte dunha familia moi lonxeva, pois dous dos seus irmáns xa superan os 90 anos. 

20190322 Cartel WebO Concello da Baña volveu programar actividades de todo tipo ata o mes de xuño no centro social e da terceira idade coa finalidade de fomentar un envellecemento activo entre os seus maiores. Entre a variada oferta figuran as camiñadas, bailes, xogos de mesa, lectura, estimulación da memoria ou cantigas. Os interesados poderán anotarse directamente no centro.

Os luns, a partir das 18.00 horas, os participantes poderán darlle algo de movemento ao seu corpo con bailes, xogos ou camiñadas, ademais de algo de ximnasia. O martes e mércores, dende ás 17.00 horas, a monitora tratará de que os asistentes manteñan a mente en forma con actividades para estimular a memoria, fomentar a lectura e diversos talleres.

Os xoves, dende as sete de tarde, é a quenda dos xogos tradicionais (xogos tradicionais, competicións, etc), e os venres, dende as cinco da tarde, toca facer algo de recordo, para lembrar o de antes con cantigas, tra

dicións ou cine. 

O Imserso abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo 2019, que ten como obxectivo ofrecer tratamentos termais a pensionistas do sistema da Seguridade Social a prezos reducidos. Así, pensionistas que desexen participar nalgunha das quendas programadas para o período que vai de febreiro a decembro do vindeiro ano, poden formular xa a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais do Concello da Baña ou por algunha das outras vías recoñecidas, como a telemática, a través da sede electrónica do Imserso.

Ademais do tratamento termal, o programa inclúe servizos que van do aloxamento e manutención (con pensión completa e cuarto compartido) ata as actividades de ocio e tempo de lecer. Tamén inclúe unha póliza de seguros. Porén, os desprazamentos deben efectualos as persoas usuarias. Respecto ás quendas, poden ser de 12 días (11 noites) ou de 10 días (9 noites).

Os tratamentos termais axudan a previr, rehabilitar e recuperar funcións e evitar tratamentos máis lesivos. As augas dos balnearios poden aplicarse a afeccións do aparato locomotor, respiratorias, dermatolóxicas, dixestivas, renais e para combater o estrés.

Poden beneficiarse do Programa de Termalismo do Imserso 2019:

  • Pensionistas de xubilación o incapacidade permanente.
  • Pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos.
  • Pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade.
  • Aseguradas ou beneficiarias dos sistema da Seguridade Social español con máis de 65 anos de idade.

As persoas solicitantes poder ir acompañadas do seu cónxuxe ou persoa coa que conviva en relación de parella, dun fillo ou filla que acredite un grado de discapacidade igual ou superior ao 45%.

Ademais, para poder participar é preciso cumprir uns requisitos, tales como non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade transmisible con risco de contaxio, poder valerse para as actividades da vida diaria, precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos e, finalmente, alcanzar a puntuación precisa segundo o baremo.

As solicitudes para participar nas quendas que van de febreiro a agosto poden presentarse ata o día 11 de xaneiro de 2019, se ben o prazo de presentación de solicitudes para asistir ás quendas de setembro a decembro pecha o 17 de maio de 2019.

Máis información e solicitudes:
Páxina web do Imserso: http://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/index.htm
Servizos Sociais do Concello da Baña: Praza do Concello s/n 15863 A Baña. Teléfono 981 886 501