20190701 primeiro dia campamento ludico deportivo

Usuarios da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala están a colaborar no campamento lúdico-deportivo que comezou esta mañá na Baña e no que 60 nenos e nenas maiores de catro anos poderán gozar coas actividades programadas durante todo o mes de xullo.

A partir das 08.30 horas chegaron os primeiros participantes neste campamento á área recreativa Agra de Chans, onde se van desenvolver a maioría das actividades programadas para este mes, aínda que tamén contarán con saídas e excursións para gozar dun verán inesquecible.

Hoxe, como era o primeiro día, toucou coñecer aos novos compañeiros de aventuras, e aos monitores e coordinadores do campamento, aínda que tamén houbo tempo para darse un baño na piscina e facer diferentes xogos. Mañá, entre outras actividades, pintarán un mural entre todos os nenos e nenas participantes.

Este ano, dende o equipo de goberno que dirixe José Antonio Pereira, chegouse a un acordo coa Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala para fomentar a integración das persoas con discapacidade. En base a este acordo, usuarios da fundación están a colaborar cos monitores do campamento no desenvolvemento dalgunhas das actividades programadas no campamento.

  • Poderán participar as persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas no Concello da Baña

20180304 Festa Maiores 2018

O Concello da Baña organiza o vindeiro 3 de agosto a XXVI Festa dos Maiores, á que poderán asistir os veciños e veciñas maiores de 55 anos que estean empadroadas no municipio. Celebrarase na área recreativa Agra de Chans.

As persoas que desexen asistir deberán retirar a invitación antes do 26 de xullo no departamento de Servizos Sociais, invitación que deberán presentar o día da festa xunto co DNI. O Concello tamén pon a disposición dos interesados un servizo de autobús para desprazarse. Os que desen utilizado deberán comunicalo no momento de retirar a invitación.

Para aclarar calquera dúbida o ter máis información poden chamar ao teléfono do concello: 981 886 501

 

20190627 apertura imserso

Os pensionistas xa coñecen a data para presentar ou renovar as súas solicitudes ao programa de turismo do Imserso. Para poder aproveitarse das ofertas que propón o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, deberán inscribirse preferentemente mediante a Sede Electrónica do Imserso ou cubrindo os documentos e remitíndoos á dirección da administración antes do 10 de xullo. Desta forma, os beneficiarios poderán gozar coas viaxes que organizan a destinos de toda a xeografía española.

Para poder adherirse ao programa hai que formar parte dun dos grupos de pensionistas que se sinalan nas bases da convocatoria (preme aquí para consultar os requisitos). Ademais, as persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, ou no seu caso, pola parella de feito ou persoa coa que constitúa unha relación. En canto aos trámites para presentar as solicitudes, poderanse rexistrar no programa, preferentemente a través de Sede Electrónica do Imserso, unha vez dentro dela no programa de Turismo, cubrindo o modelo de solicitude en liña (preme aquí para dirixirte á solicitude) ou descargando e remitindo cuberto o formulario ao enderezo “PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10140, 28080 MADRID”.

A iniciativa do Imserso permite aos pensionistas coñecer distintos puntos da xeografía española, chegando incluso aos arquipélagos baleares e canario. Desta forma, os destinos turísticos englóbanse en: zona costeira peninsular (Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana), zona costeira insular (Illas Baleares e Canarias) e turismo de interior. Ademais, o Imserso fai públicos os prezos de cada estadía, que se poden consultar na súa páxina web (preme aquí para dirixirte aos prezos).

Faise público o decreto coa aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Baña e lista de agarda.

O decreto pódese consultar no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (20190628_admitidos_PAI_Baña.pdf)20190628_lista_admitidos_PAI_Baña[20190628_lista_admitidos_PAI_Baña]59 kB

20190521 TripticoO Servizo de Educación Familiar do Concello da Baña impulsa un “Obradoiro sobre empoderamento e benestar para mulleres” os días 4, 5 e 6 se xuño dende as 9.30 horas ata as 13.30 horas para potenciar a autoestima e ensinar a xestionar de forma positiva as emocións. A inscrición, que é gratuíta, pódese facer ata o luns día 3 no Servizo de Educación Familiar ou nos teléfonos 981 817 605 ou 608 819 741.

O curso, que ten carácter gratuíto e está enmarcado dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero da Secretaría de Estado de Igualdade, terá dúas docentes: Diana Muñoz,  socióloga, traballadora social, formadora e coach experta en eduación emocional e orientación laboral, ademais de colaboradora na asociación “Otro Tiempo”; e Sara Vierna, educadora social con mestría en xénero e políticas de igualdade.

O “Obradoiro sobre empoderamento e benestar para mulleres” terá unha duración total de tres días, o 4, 5 e 6 de xuño dende as 9.30 horas ata as 13.30 horas a fin de facilitar a conciliación das mulleres co horario escolar dos nenos e levarase a cabo no centro social da terceira idade da Baña. Para participaren no mesmo, as interesadas poden anotarse de forma presencial no Servizo de Educación Familiar na casa da cultura ou chamando ao teléfono 981 817 605. 

Os obxectivos do taller enmárcanse na mellora do benestar da muller grazas a técnicas de autocoñecemento, reforzo da autoestima e xestión das emocións. Diana Muñoz e Sara Vierna pretenden situar o foco en que tipo de relacións son sas ou aportan benestar, e cales poden estar menoscabando o papel da muller ou influíndoa de forma negativa. 

En moitas ocasións, as mulleres polo feito de pertencer ó seu xénero contan cun rol imposto e teñen serias complicacións para facer emerxer as súas habilidades e gustos persoais, segundo Diana Muñoz. O obradoiro, grazas a diversas técnicas de coaching e autocoñecemento, trata de descubrir cales son as fortalezas de cada unha e o que realmente se lle da ben, para mellorar de forma consciente o seu benestar. Os sentimentos tamén xogan un papel clave no programa do curso, pois aprender a xestionar de forma positiva as nosas emocións é esencial para vivir de forma máis plena e consciente.