O Imserso informa de que dende o luns 6 de novembro, ata o final da tempada 2023-2024, permanecerá aberto un novo prazo para participar no Programa de Turismo para persoas maiores, co obxectivo de proporcionarlles estancias en zonas de costa e turismo de interior que contribúan a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e á prevención da dependencia.

Todas as persoas interesadas en poder gozar das viaxes que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso:

  • De forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso. Este procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
  • Descargando o formulario de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2023-2024. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
    • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
    • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.

A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles.

11 de xaneiro de 2024

Faise público o procedemento de participación pública previa á aprobación da modificación da Ordenanza Reguladora do Punto de Atención á Infancia do Concello da Baña.

O prazo finaliza o 18 de xaneiro ás 23.59 horas.

No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal.
 
 

7 de xuño de 2023

Faise pública a listaxe definitiva con corrección de erros das solicitudes admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o vindeiro curso así como a baremación e o anuncio da apertura do prazo de matrícula.

A listaxe definitiva pódese consultar en documento adxunto.

 

18 de maio de 2023

Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de solicitude admitidas no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o vindeiro curso.

Así mesmo, infórmase de que o prazo para formalizar a matrícula estará aberto dende o 18 ata o 31 de maio, e deberá facerse cubrindo o formulario de solicitude e formularios anexos que se poden descargar nos arquivos adxuntos.

Nos documentos adxuntos figuran os formularios requeridos para formalizar a matrícula, así como a resolución da alcaldía.

 

27 de abril de 2023

Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas e baremación das peticións de praza para o curso 2023-2024 no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña. 

Ábrese agora un periodo de dez (10) días hábiles, entre o 27 de abril e o 11 de maio, para a presentación de reclamacións. A listaxe definitiva de admisións darase a coñecer o 16 de maio e o prazo para formalizar a matrícula estará aberto do 18 ao 31 de maio. 

A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas pódese consultar no arquivo adxunto e neste enlace

  • A listaxe provisional de solicitudes admitidas farase pública o 26 de abril e a definitiva, o 16 de maio //

  • O prazo para formalizar a matrícula estará aberto do 18 ao 31 de maio //

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña abrirá do 10 ao 21 de abril o prazo de solicitude de praza para o curso 2023-24, tanto para aquelas familias que xa teñan menores escolarizados no centro como para aquelas outras que desexen incorporarse por primeira vez. Así o contempla o decreto de convocatoria aprobado polo alcalde, feito público hoxe, venres 31 de marzo.

Poden solicitar praza no centro as familias con nenos e nenas de entre 3 meses a 3 anos. As familias interesadas deberán presentar o modelo de solicitude de reserva ben no rexistro municipal, ben na sede electrónica do Concello (neste enlace). O formulario pódese descargar na web municipal (neste enlace en PDF e en word no arquivo adxunto). 

As familias con crianzas xa matriculadas no PAI deberán aportar xunto coa solicitude, copia do DNI ou NIE dos proxenitores, titores/as ou representantes legais; o certificado de empadroamento da unidade familiar e, no seu caso, certificado de empresa ou contrato laboral. Este certificado de empadroamento poderá ser substituído por unha autorización expresa de consulta dos datos persoais do padrón do Concello da Baña. Tamén, de ser o caso, un informe do equipo de valoración da discapacidade.

Aquelas familias que soliciten praza por primeira vez, ademais da documentación anteriormente sinalada tamén deberán aportar copia certificada da declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar ou, no seu caso, certificación de imputación de rendas e certificación de ingresos referidos ao mesmo período; copia da última nómina ou informe da vida laboral; acreditación da situación de desemprego, de ser o caso; un informe do equipo de valoración da discapacidade (no caso de integración de prazas); o libro de familia numerosa, de ser o caso, ou resgardo de ter presentado a súa solicitude; se é familia monoparental, a documentación acreditativa. E, no caso de violencia de xénero, aportarase o certificado da orde de protección ou a medida de cautela, o informe dos servizos sociais ou a certificación dos servizos autonómicos de acollida.

O Concello da Baña publicará o 26 de abril a listaxe provisional de solicitudes admitidas. Do 27 ao 11 de maio abrirase o período de reclamacións.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas farase pública o 16 de maio e o período de formalización de matrícula estará aberto do 18 ao 31 de maio.

Tanto o formulario de solicitude de praza, como o decreto da alcaldía e a documentación complementaria poden consultarse nos documentos adxuntos.

 

27 de abril de 2023

Faise público o decreto da alcaldía polo que se procede a contratación temoral dunha traballadora social seguindo a orde que figura na bolsa de contratación de referencia.

 

  • No último acto do 8M destacouse a labor das mulleres que traballan no Punto de Atención á Infancia, PAI, e no Servizo de Axuda no Fogar

  • Lorena Trillo: “O voso traballo é fundamental para conciliar e para todas as persoas que desexan e necesitan vivir nas súas casas”

  • A extraballadora social Carmen Caamaño destacou o compromiso enorme das coidadoras e o “potencial de cambio que ten o SAF, a figura máis importante de todos os servizos sociais

  • Tres usuarios coincidiron en destacar que é “un servizo moi necesario, gracias ao cal podemos seguir na nosa casa”

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 11

 

O Concello da Baña rematou hoxe os actos organización para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, cunha homenaxe a todas as coidadoras da cativada e de persoas maiores ou dependentes que son usuarias do Punto da Atención á Infancia (PAI) ou do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concelleira de Muller e Igualdade, Lorena Trillo, resaltou que o traballo de todas elas “é fundamental para facilitar a conciliación laboral e familia e para todas aquelas persoas que desexan ou necesitan seguir vivindo no seu fogar”.

As protagonistas da homenaxe son as coidadoras no PAI, coidando nenos e nenas de 3 meses ata 3 anos, e as mulleres que traballan no SAF, oito delas traballadoras municipais e as demais dependentes da empresa Atendo, que reforza o servizo municipal. O concello estivo presentando nas últimas semanas a 18 destas mulleres na súa páxina de Facebook como parte desta homenaxe. Hoxe entregoulles a cada unha un cadro coa súa fotografías.

Todas elas destacaron os “fortes vínculos afectivos” que se establecen entre coidadoras e persoas usuarias, sobre todo no caso do SAF, “xa que algunhas destas persoas só nos ven a nós”. Así o manifestaba Salomé Barreiro, ao asegurar que o máis gratificante para ela, como traballadora municipal do SAF, é “ver a cara de satisfacción dos nosos maiores cando chegamos, porque moitas veces somos a primeira persoa que ven cada día, e ilumínanselles os ollos”.

Durante a súa intervención, Lorena Trillo sinalou que na Baña e nos municipios rurais “é moi significativo o número de mulleres que se dedican aos coidados, as mulleres que piden reducións de xornadas ou as que non a piden pero que teñen o dobre traballo de levar a cabo as tarefas do fogar sendo superior a dos seus compañeiros homes”, e lembrou que as homenaxeadas de hoxe representan “a tantas outras que fan esa mesma labor”. Por este motivo deulles as grazas por permitir que as persoas maiores “permanezan no seu fogar e por facer perdurar o seu relato” e tamén por “ser as primeiras referentes dos nenos e nenas e por ser as súas primeiras mestras”.

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 6

No acto tamén participou a extraballadora social da Baña Carmen Caamaño, que destacou o “compromiso enorme” que teñen as mulleres coidadoras. “Van a casas que non coñecen a agradar, a coidar, escoitar e, moitas veces, a ser o pano de lágrimas” das persoas usuarias. “O SAF é a figura máis importante dos servizos sociais e ten un enorme potencial de cambio” .

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 9

Nun sentido similar se manifestaron tres das persoas usuarias do servizo. Benedita Susana Vázquez deulles tamén as grazas a mulleres do SAF “porque nos fan un gran favor”. Para Amadeo Cancela destacou que “todas as mulleres me axudan, me coidan coma se fosen miña irmá, e grazas a elas podo seguir na miña casa. É un servizo moi necesario”, concluíu. Tamén José Manteiga lles deu as grazas ás traballadoras do SAF “por atendernos tan ben a todos. O que facedes é moi importante”.

O alcalde, Andrés García Cardeso, agradeceulles tanto as mulleres do SAF como as tres coidadoras do PAI o traballo que están facendo. “Sodes os piares dos servizos sociais, porque coidades dende a pequenos ata a maiores, dándolles cariño, atención e facendo compañía moitas veces”.

Andrés García Cardeso lembrou que o Servizo de Axuda no Fogar púxoo en marcha no ano 1998 a actual traballadora social do Concello, Susana Pazos, naquel momento contando con Lourdes Recarey e Esther Vieito, que hoxe seguen formando parte do cadro de traballadoras municipais do SAF.

No acto desta mañá estiveron presentes tamén César Ramos, tenente de alcalde e voceiro de Compromiso, e José Antonio Pereira, voceiro socialista, ademais de veciños e familiares das homenaxeadas.

Esta homenaxe ven complementar o documentar A Baña, moito feito, moito por facer que se estreou o pasado 11 de marzo destacando o traballos dalgunhas mulleres emprendedoras da Baña.

20230325 Banha rende homenaxe traballadroas SAF e PAI 1