• A actividade, 'De nós a nós', está aberta a participantes maiores de idade e a inscrición é gratuíta
  • Desenvolveranse nas mañás dos días 9, 11, 14, 16, 21, 23, 29 e 30 de xuño
  • As interesadas poderán inscribirse entre o 26 de maio o 2 xuño

pacto de estado triptico11922 1

O Concello da Baña, a través do departamento de Servizos Sociais, programa para o mes de xuño a actividade 'De nós para nós'. Trátase de oito sesións de traballo destinadas a que as mulleres poidan mellorar unha serie de capacidades coa fin última de apostar polas súas propias necesidades, silenciando as imposicións e os límites marcados polo patriarcado.

A actividade, que será impartida por Ana García Liñares, comprende exercicios de concentración e coñecemento interior para lograr un maior benestar. A través do movemento, a música, a respiración, etc, as participantes aprenderán a ver as conexións entre o corpo e as emocións para ter ferramentas que lles permitan distanciarse daquelas circunstancias que as alteran ou as fan sufrir e poder vivir con máis calma. Trátase, ademais, dun espazo de xuntanza no que as mulleres poderán compartir experencias.  

As sesións desenvolveranse nas mañás dos días 9, 11, 14 16, 21, 23, 29 e 30 de xuño en horario de 9:30 a 13:30 horas. Aberta a todas as mulleres maiores de idade e subvencionada pola Secretaría de Estado de Igualdade, a actividade é gratuíta.

As prazas están limitadas a quince, sendo precisa inscrición. Esta pode facerse de dúas maneiras:

  1. Chamando ao número de teléfono 981 886 501
  2. Enviando un mail á dirección de correo electrónico monica.gonzalezEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O horario de información e inscrición é de 9:30 a 14:30 horas e o prazo de inscrición estará aberto entre o mércores 26 de maio e o mércores 2 de xuño.

triptico corrixido 2

  • Terá lugar os días 29, 20 e 31 de marzo e 5 de abril en Agra de Chans de nove da mañá a dúas da tarde

  • O custo será de oito anos por escolar de entre 4 e 12 anos

20210318 cartel campamento semana santa

Coa fin de facilitar a conciliación e coincidindo coas vacacións de Semana Santa, o Concello da Baña desenvolverá un capamento urbano para escolares do municipio de entre 4 e 12 anos.

O campamento terá lugar na área recreativa Agra de Chans os días laborais das vacacións, é dicir, 29, 30 e 31 de marzo, máis o 5 de abril entre as nove da mañá e as dúas da tarde. O custo será de oito euros por escolar.

As inscricións deberán facerse no Concello entre o 22 e o 25 de marzo (de luns a xoves da semana que vén), en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Podedes descargar a ficha de inscrición no documento adxunto.

BRINCANadal 2020

O Concello da Baña abre a inscrición para que todas as familias con crianzas menores de 12 anos poidan inscribir aos nenos e nenas no programa BrincaNadal 2020.

O obxectivo deste programa e facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións de Nadal do alumnado menor de 12 anos. O prazo para formalizar a inscrición remata o mércores, 16 de decembro.

Se hai un mínimo de cinco inscricións confirmadas, esta actividade desenvolverase durante os días 28, 29, 30 e 31 de decembro, así como 4, 5 e 7 de xaneiro. O horario do BrincaNadal 2020 será de 09.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas poden cubrir o formulario de inscrición que se atopa nos arquivos adxuntos, en formato Word e PDF

 

A Deputación da Coruña financiou durante o ano 2020 ao departamento de Servizos Sociais da Baña cunha achega de 56.368, que se enmarca dentro do programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais do organismo provincial.

Con esta achega da Deputación da Coruña, o Concello da Baña puido facer fronte, entre outras partidas de Servizos Sociais, ás horas de axuda a domicilio de libre concorrencia.

O Concello da Baña elaborou unha enquisa para coñecer o interese real das familias en que se poña en marcha un campamento para as crianzas durante as vacacións escolares do Nadal, coa fin de ofertar unha proposta de conciliación para os pais e nais que teñan que traballar.

Este campamento desenvolveriase polas mañás durante un total de sete días: 28, 29, 30 e 31 de decembro, así como 4, 5 e 7 de xaneiro.

A enquisa está destinada a saber cantos nenos e nenas do municipio participarían nas actividades deste campamento, en que datas concretas acudirían e se as familais lles presta máis que se estenda ata as 13:00 horas ou as 14:00 horas. A hora de comezo é ás 9:00.

O campamento de Nadal súmase ao que ten lugar durante o verán coma unha iniciativa máis destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

A enquisa pódese cubrir premendo sobre esta liña.