20201013 ximnasia mantementoA oferta de actividades culturais e deportivas do Concello da Baña para o curso 2020-2021 inclúe a estimulación cognitiva e a ximnasia de mantemento para maiores de 55 anos. Con respecto a anos anteriores, este curso haberá novidades no desenvolvemento destas actividades para evitar a transmisión da enfermidade do coronavirus.

Deste xeito, o curso de estimulación cognitiva seguirá un modelo semipresencial. Isto é, persoal do concello será o encargado de levar e recoller o material nos domicilios das persoas participantes.

No que respecta á ximnasia de mantemento, que viña celebrándose por parroquias en anos anteriores, desta volta realizarase unicamente en San Vicenzo. A configuración dos horarios realizarase en función dos grupos, unha vez que finalice a inscrición.

As persoas interesadas en participar en calquera destas actividades poden dirixirse ao Concello da Baña para anotarse ou solicitar máis información.

20200930 mascarillas webO Concello da Baña vén de recibir 18 caixas de mascarillas, cun total de 900 unidades, para distribuír entre os colectivos máis vulnerables á Covid-19, operarios municipais de limpeza, traballadores de Servizos Sociais e do Servizo de Axuda no Fogar, entre outros. Esta doazón forma parte da campaña promovida polo Goberno de España e a FEMP para avanzar na contención da pandemia e na concienciación da cultura da protección á cidadanía.

Neste sentido, estanse a entregar aos concellos de menos de 20.000 habitantes un total de 117.000 mescarillas a través da Deputación da Coruña. O reparto, fixado en proporción á poboación de cada concello, outorgoulle ao Concello da Baña un total de 900 unidades, que xa foron entregadas pola Deputación.

A prioridade establecida polo Goberno e a FEMP para o reparto deste material son os colectivos máis vulnerables de nosos pobos e cidades, xunto a operarios municipais de limpeza e residuos sólidos, empregados do transporte público urbano, traballadores sociais, policías locais, bombeiros, etc.

20200806 Voluntariado portada webO Concello da Baña pon en marcha un programa de voluntariado sénior destinado a persoas maiores de 55 anos, cuxa misión será a de coñecer a opinión dos veciños e veciñas para mellorar o envellecemento activo e saudable da poboación do municipio. Ata oito persoas poderán participar neste proxecto, impulsado pola Concellería de Servizos Sociais co apoio de Voluntariado Galego.

O equipo de voluntarios realizará enquisas telefónicas a persoas maiores seleccionadas aleatoriamente do padrón de habitantes do municipio. O obxectivo é coñecer de primeira man cales son as inquedanzas e necesidades deste colectivo social na Baña, para poder deseñar despois programas municipais de envellecemento saudable. A intención do Concello é detectar os problemas específicos aos que se enfrontan as persoas maiores para darlles resposta.

As persoas que participen nesta acción de voluntariado percibirán 3€ diarios en concepto de gastos de desprazamento e estarán cubertas por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes. Ao remataren a actividade recibirán un Certificado de Experiencia Voluntaria.

Máis información na Concellería de Servizos Sociais da Baña, nos teléfonos 981 886 501 e 981 817 605 ou nos correos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Attachments:
Download this file (Cartel Voluntariado Senior.pdf)Cartel Voluntariado Sénior[ ]1174 kB
Download this file (destinatarios enquisa.pdf)Cartel: Destinatarios da enquisa[Cartel: Destinatarios da enquisa]300 kB

20200827 aviso cancelacion campamentoO Concello da Baña cancela o campamento urbano da primeira semana de setembro de 2020, que tiña programado para favorecer a conciliación familiar, debido aos casos de covid-19 detectados ultimamente no termo municipal. A pesar de que as persoas afectadas se atopan illadas e cumprindo cos protocolos establecidos, é necesario, máis que nunca, extremar as precaucións: uso obrigatorio da máscara,
lavar as mans con frecuencia, manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias.

Ante a aparición de varios casos positivos no municipio, o Concello xa decidira o pasado luns, 24 de agosto, suspender todas as actividades culturais programadas ata novo aviso.

Desde o Concello lémbrase unha vez máis que os principais síntomas da covid-19 son febre, tose seca, malestar xeral e dificultade para respirar. O teléfono de consulta é o 900 400 116. De tratarse dun caso grave, cómpre chamar o 061. Para máis información sobre o coronavirus pódese consultar a web coronavirus.sergas.es.

O Concello da Baña fai pública a adxudicación da praza vacante de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia, á que se presentaron tres solicitudes tras a apertura dun prazo extraordinario de matrícula dirixida a nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos.

Pode consultar os datos desta adxudicación en período extraordinario no documento adxunto a esta nova.

Attachments:
Download this file (20200806_Adxudicacion praza extraordinaria PAI.pdf)Adxudicación praza extraordinaria PAI[Adxudicación praza extraordinaria PAI]76 kB