Gracias ás axudas do GDR 19 Terras de Compostela o Centro multiusos de San Vicenzo  (antigas escolas vellas) foi posible a eliminación de barreras pola colocación dun aparello elevador.

 

Instalación de caldeiras de biomasa, nos locais sociais do Barro e de Seoane, Barcala, proxecto financiado polo INEGA, a través dunha subvención para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

- Instalación biomasa Local Social do Barro, por importe de 2.565,20  , dos que o Instituto Enerxético de Galicia subvenciona a cantidade de 2.058,21 €.

- Instalación biomasa Local Social de Seoane (Barcala), por importe de 1.784,75 €, dos que o Instituto Enerxético de Galicia subvenciona a cantidade de 1.432,64 €.

O que se fai público en cumprimento do establecido na normativa de publicidade para as obras financiadas con fondos FEDER.

O BarroSeoane Barcala

Attachments:
Download this file (O Barro.pdf)Publicidade O Barro[ ]469 kB
Download this file (Seoane.pdf)Publicidade Seoane, Barcala[ ]469 kB

btn celga

 

A Dirección Xeral de Educacón, Formación Profesional e Innovación Educativa, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fixo pública a Resolución pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega (presenciais e en liña) e preparatorios para as probas do Celga (presenciais) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes é do 1 ao 10 de setembro deste ano, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e do 2 ao 11 de xaneiro de 2018, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio). Para máis información, premer neste enlace
http://bit.ly/2uLCEq9