- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 987
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 149 publica hoxe o edicto polo que se abre a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz titular do municipio da Baña, que inclúe os anexos que deberán cubrir as persoas interesadas presentarse a esta convocatoria.
O BOP pódese consultar no PDF adxunto e tamén neste enlace web: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/08/07/2018_0000005911.pdf
No arquivo adxunto pódese consultar o informe do procedemento asinado polo secretario do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1027
O tribunal seleccionador para a contratación depersoal laboral para cubrir dúas prazas de oficiais de 2ª e 3 peóns de obras públicas con cargo ao Programa de Integración Laboral fai pública a listaxe de candidatas/os seleccionados para ambos postos, como se pode comprobar no documento adxunto
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1856
O vindeiro luns, día 25 de xuño, o Concello da Baña abrirá a piscina municipal, na que veciños e visitantes poderán gozar durante a época estival. A instalación estará aberta ata o 15 de setembro, en xullo e agosto de 15.30 a 21.00 horas e, en setembro, de 15.30 a 20.30 horas.
Durante o mes de xullo haberá cursos de natación para aquelas persoas que se inscriban antes do 28 de xuño. Establécense diferentes prezos para os abonos, mentres que por día solto o acceso custa 2 euros. Para poder bañarse é imprescindible levar gorro e chanclas.
O Concello da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
Os prezos e condicións para poder gozar da piscina son os seguintes:
Cursos de natación:
- Datas: do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres
- Horario: a primeira semana estableceranse os grupos
- Destinatarios/as: nenos/as a partir de 4 anos cumpridos na data de inscrición
- Prazas: 60
-Inscrición: ata o 28 de xuño
Prezos:
- Abono por mes: 25,00 €
- Abono por 15 días: 15,00 €
- Abono familiar por mes: 45,00 €
- Sen abono (sen límite de tempo/día): 2,00 €
- Curso de natación: 30,00 €.
- Menores de 14 anos: entrada gratuíta
Máis información: Concellería de Cultura do Concello da Baña.
Inscrición
Para inscribirte tes que cubrir os documentos adxuntos. Pódelos cubrir directamente dende o ordenador e despois imprimilos
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1076
O tribunal seleccionador para a brigada de vixilancia e defensa contra incendios forestais acaba de propoñer aos candidatos/as para a realización das probas físicas e médicas, como se pode comprobar no documento adxunto
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1110
Máis de 250 persoas apostan hoxe na Baña polas actividades saudables e facer deporte, participando activamente na primeira edición do Día do Deporte na rúa, unha iniciativa da Concellaría de Xuventude e Deportes e na que os asistentes puideron practicar baloncesto, tenis de mesa, badminton, fútbol sala, atletismo, practicar xogos populares, zumba, step, jumping ou facer un circuíto de traning, entre outras modalidades.
O bo tempo axudou a que a participaron fose importante dende primeira hora da mañá. Nas pistas habilitadas diante do concello, uns 80 nenos e nenas participaron dende as dez no torneo de baloncesto, mentres que outros optaron polo tenis de mesa ou o bádminton, facer un circuíto de training ou as actividades dirixidas ao ritmo da música. Os inchables fixeron gozar aos máis cativos, que estaban seguido baixando polo tobogán.
Pola tarde organizaronse torneos de fútbol sala, atletismo e tiro con arco, nunha xornada na que veciños de Baña e doutros concellos da contorna se animaron a practicar deporte.
Máis fotos no facebook do Concello da Baña