- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1700
O alcalde da Baña acaba de asinar un bando informándolle a todos os propietarios de terrenos e soares, da súa obriga de mantelos limpos antes do 31 de maio, como medida para evitar os incendios forestais. As labores de limpeza son especialmente urxentes nas proximidades de núcleos de poboación e casas.
No bando, Andrés García Cardeso comunícalle a todos os propietarios e propietarias a súa obriga de manter os soares e terreos de monte nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público, procedendo, se é preciso, a limpamos de maleza, retirar residuos que poidan atopar neles e, en especial, os restos que supoñan un risco de incendio.
A lexislación galega establece unha franxa de seguridad de 50 metros de separación entre as vivendas e os eucaliptos, pinos e acacias. Esta distancia pode ser de 15 metros cando as árboles sexan frondosas (Carballos, castaños, etc).
A lexislación que establece estas e outras medidas para loitar contra os incendios forestais e a Lei 3/2007 de Prevención edefesna contra incendios forestais de Galicia, modificada pola do 28 de xuño, Lei 7/2012 de Montes de Galicia.
A Xunta ten publicado un folleto informativo no que se recollen estas distancias e outras medidas para loitar contra os incendios forestais, que podes atopar neste enlace:
- Detalles
- Escrito por evelb_mantenimiento
- Categoría: novas
- Visitas: 917
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: novas
- Visitas: 1370
As filloas da pedra da Baña foron onte as estrelas da xornada Filloas e Viño no Camiño, organizadas polo GDR Terras de Compostela no Hostal dos Reis Católicos. No evento destacouse o gran potencial gastronómico e turístico deste produto puramente bañés, que compartiu protagonismo coas filloas de Lestedo e co viño da Ulla e aproveitou para presentar a súa festa de exaltación, que se levará a cabo en San Vicenzo o día 11 de marzo.
A xornada Filloas e Viño no Camiño rematou cun showcooking a cargo do afamado chef Pepe Solla, galardoado cunha estrela Michelin, que propuxo catro receitas a base de filloas, mostrando a gran potencialidade culinaria deste produto da terra. "O produto é o que nos define, as receitas son viaxeiras", afirmou o restaurador, quen destacou o valor da filloa como "un claro exemplo do que debería ser en si a gastronomía: sinxela, humilde e popular". En paralelo ás elaboracións de Solla, Arita Pais elaborou en directo filloas da pedra, que fixeron as delicias dos presentes na degustación posterior.
Para Mónica Tomé Rey, secretaria da Asociación de Filloas da Pedra da Baña, este produto é "o sinal de identidade dun concello eminentemente rural, con fermosas paisaxes". Segundo apuntou, as filloas da pedra son "únicas polo xeito tan particular de preparalas, que a todo o mundo lle chama a atención, e polos seus ingredientes, sempre de primeira calidade". A promoción do aspecto culinario "repercute en posibilidades de emprego e desenvolvemento do municipio, desde o cultivo do trigo á produción de ovos caseiros, ou, por suposto, a elaboración e venda de filloas".
Pola súa banda, Carlos Martínez Carrillo, presidente do GDR, afirmou que a xornada Filloas e Viño do Camiño se enmarca no empeño por "poñer en valor todas as potencialidades do rural", unha misión fundamental, "moito máis nestes tempos nos que se fala tanto dos problemas demográficos de Galicia. Fixar poboación nos municipios rurais é clave, e para conseguilo hai que fomentar a iniciativa emprendedora que dea lugar a unha maior calidade de vida e mellores servizos". "Temos paisaxe, temos herdanza cultural, temos gastronomía e temos, sobre todo, xente con iniciativa e ganas de facer do noso un territorio vivo e con futuro", afirmou Martínez Carrillo.
No peche da xornada, cunha degustación de filloas acompañadas de viño da D.O. Rías Baixas subzona da Ribeira do Ulla e doutros produtos da comarca, presentouse a festa gastronómica da Filloa da Pedra da Baña, que se celebrará no concello barcalés o domingo 11 de marzo.
Pincha aquí para ver o album de fotos da presentación, no Facebook do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Concello
- Categoría: novas
- Visitas: 1275
Publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial 2018 de actividades e investimentos culturais, para as entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:
MODALIDADE A. Entidades de natureza cultural (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos).
MODALIDADE B. Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…).
MODALIDADE C. Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc.).
MODALIDADE D. Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio ambiente, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
A tramitación será telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña, https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/solicitudes, para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serán imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:
1.- Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor deles:
- a persoa que ocupe a Presidencia da entidade
- a persoa que ocupe a Secretaría da entidade
- a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).
2.- Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de abril de 2018 ás 14.00 horas.
Máis información en https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/infoconvocatorias ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita no teléfono 981 886 501.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: novas
- Visitas: 1019
"Asociación y coordinación para un futuro mejor mediante la introducción de enfoques innovadores y buenas prácticas para el empleo en el municipio de Pavlikeni"
Objetivo principal del proyecto: Fomentar la cooperación transnacional entre el municipio de Pavlikeni (Bulgaria) y los municipios de Melide y La Baña (España) mediante la transferencia e introducción de la innovación social, el intercambio de buenas prácticas y la búsqueda de soluciones comunes en el campo del mercado laboral, lucha contra la pobreza y la exclusión social.